Afrikaans
Akan
Albanian
Amharic
Arabic
Armenian
Azerbaijani
Basque
Belarusian
Bemba
Bengali
Bihari
Bosnian
Breton
Bulgarian
Cambodian
Catalan
Cebuano
Cherokee
Chichewa
Chinese (Simplified)
Chinese (Traditional)
Corsican
Croatian
Czech
Danish
Dutch
English
Esperanto
Estonian
Ewe
Faroese
Filipino
Finnish
French
Frisian
Ga
Galician
Georgian
German
Greek
Guarani
Gujarati
Haitian Creole
Hausa
Hawaiian
Hebrew
Hindi
Hmong
Hungarian
Icelandic
Igbo
Indonesian
Interlingua
Irish
Italian
Japanese
Javanese
Kannada
Kazakh
Kinyarwanda
Kirundi
Kongo
Korean
Krio (Sierra Leone)
Kurdish
Kurdish (Soranî)
Kyrgyz
Laothian
Latin
Latvian
Lingala
Lithuanian
Lozi
Luganda
Luo
Luxembourgish
Macedonian
Malagasy
Malay
Malayalam
Maltese
Maori
Marathi
Mauritian Creole
Moldavian
Mongolian
Myanmar (Burmese)
Montenegrin
Nepali
Nigerian Pidgin
Northern Sotho
Norwegian
Norwegian (Nynorsk)
Occitan
Oriya
Oromo
Pashto
Persian
Polish
Portuguese (Brazil)
Portuguese (Portugal)
Punjabi
Quechua
Romanian
Romansh
Runyakitara
Russian
Samoan
Scots Gaelic
Serbian
Serbo-Croatian
Sesotho
Setswana
Seychellois Creole
Shona
Sindhi
Sinhalese
Slovak
Slovenian
Somali
Spanish (Latin American)
Sundanese
Swahili
Swedish
Tajik
Tamil
Tatar
Telugu
Thai
Tigrinya
Tonga
Tshiluba
Tumbuka
Turkish
Turkmen
Twi
Uighur
Ukrainian
Urdu
Uzbek
Vietnamese
Welsh
Wolof
Xhosa
Yiddish
Yoruba
Zulu
Isto é o BBC Home Service. Bo día a todos.
Velaquí a primeira nova de hoxe, domingo 3 de setembro,
lida por Frederick Allen.
O quinto aniversario da nosa entrada na guerra amence con máis novas
de derrotas alemás no oeste, leste e sur.
A fronteira belga foi cruzada por dúas avanzadas americanas...
Iso foi o 3 de setembro de 1944, cando naciches.
A etiqueta do teu berce dicía 'Timothy James Jenkins'.
Nado nun asilo preto de Oxford, Inglaterra,
ben agradábel.
Naceron milleiros de bebés ese mesmo día,
e ti es un deses afortunados.
Estás vivo, tes saúde.
Tes pais que coidan de ti.
Se tiveses nacido en Holanda, durante a guerra, ou en Polonia,
ou nun barrio pobre de Liverpool ou Glasgow,
sería outro conto.
Así e todo, estás en perigo.
Estás en perigo, Tim!
Arredor de ti está a librarse a peor guerra xamais coñecida.
Cando te uniches a nós, levabamos exactamente cinco anos de loita.
Odiabámola, pero seguiamos aí para salvarmos a pel.
E tamén porque tiñamos un sentimento moi fondo
de que estabamos a loitar por ti.
Por ti e por todos os outros bebés.
Ti non sabías nada disto, claro. Como podías sabelo?
Pero ti eras parte da guerra, mesmo antes de teres nacido
Xa ves, unha guerra total.
Todo o mundo estaba nela. E ela por toda parte.
Non soamente no campo de batalla, tamén nos vales,
onde Goronwy o mineiro leva as súas propias armas á súa propia fronte de guerra,
nunha paisaxe que non é precisamente bonita.
Se ollas para a campiña inglesa —que é ben fermosa—
poderás ver a Alan, o granxeiro.
Pasou os últimos cinco anos de guerra recuperando a terra e facéndoa fértil.
Ten loitado contra as forzas da natureza toda a súa vida.
E agora, cun inimigo mortal entre nós,
ten que loitar con máis forza ca nunca.
En Londres, Bill o maquinista mira o seu campo de batalla, alí fóra.
Xa non ten que levar turistas á costa,
pero si o carbón, as colleitas, a munición dos combatentes,
alí onde o precisen.
Goronwy, Alan e Bill, todos loitan ao seu xeito.
Pero se miraras dentro da sala dun hospital, Tim,
verías algúns dos homes que deron co inimigo de forma directa,
civís feridos polas bombas,
ou soldados feridos en terra, ou mariñeiros no mar, ou aviadores...
Non como os verás un día,
sucando o ceo a 500 millas por hora,
senón deitados, fracturados e inmóbiles.
Este piloto, por exemplo, Peter Roper,
caeu en Francia e ten a perna enxesada.
Agora debe repousar mentres sinte os avións doutros pilotos por riba del.
Toda esa xente, Tim, estaba a loitar por ti...
...aínda que non o sabían con exactitude.
E agora, Tim,
ensinarémoste un anaco da historia nos teus primeiros días na terra.
O comezo da túa vida.
O final da nosa guerra en Europa.
No tempo en que naciches, estabamos a invadir o país inimigo
e ten por seguro que batemos nel,
coa esperanza de que todo rematase antes do Nadal.
Houbo un tempo en que estaba por todas partes.
Colocáramos minas e arame en todas as nosas costas.
Mais hoxe sentímonos seguros abondo como para quitalas,
de xeito que un día poidas correr pola praia sen rebentar en pedazos.
Centro.
Daquela nada se interporá entre ti e o mar.
Aquí está a túa primeira aventura, chegas a casa no coche:
17 de setembro, para ser preciso.
O mesmo domingo en que os nosos bombardeiros remolcaban os planeadores a Arnhem.
Isto, ao noso ver, foi o golpe final para a vitoria.
Agora estás na casa coa túa familia.
Pero hai alguén moi importante que non está. O teu pai.
Verás, Tim, máis dun millón da nosa xente loitaba no estranxeiro,
e teu pai era un deles.
Aquí estamos, meu rei.
Entón, xusto a hora de te deitar,
escoitamos aquilo que levabamos tempo querendo escoitar.
A radio contounos:
'Un forte continxente do 1º Exército Aerotransportado Aliado'
'aterrou este serán en Holanda.'
Durante cinco anos, Tim, tivemos que vivir a escuras.
Pero este serán, por vez primeira,
só precisamos apagar as rúas.
Máis cómodo e alegre, dende logo.
A menos, xaora, que sobrevoen bombardeiros.
Esta é a casa de Bill, o maquinista.
Esta noite estivemos a ver cos cativos un filme que fixen hai tempo,
tirado cando estabamos a limpar a granxa, no comezo da guerra,
cinco anos atrás.
Tiven que chamar uns enxeñeiros para detonar todos os vellos toros das árbores.
Espero que ti nunca teñas que sentir este son, Tim.
Por certo, se non tivese sido pola guerra
creo que non deberíamos telo feito.
En fin, a xente segue cos seus traballos.
Bill na súa máquina.
Alan na súa terra, combinando métodos tradicionais con outros máis novos.
E Peter Roper, facendo por recuperarse para voltar á batalla.
Outra vez estas malditas pílulas, Irmá?
Son só dúas por día, Sr. Roper.
Pois xa lle vai chegando. Estou practicamente recuperado.
- Mira isto. - Pinta ben.
Pódeme conseguir unha cervexa para baixar isto?
Sr. Roper...
Vexamos...
Ano de nacemento, 1916.
Recrutado no 41...
- Foi en febreiro ou en marzo, madre? - Febreiro.
E ti non o sabías, nin podías sabelo. Nin che importaba.
A salvo, no teu carriño.
Pero escoita, Tim. Escoita isto.
'Uns 5 km ao oeste de Arnhem,'
'nun espazo de 1,500 iardas por 900,'
'nese último día,'
'Vin os mortos e os vivos.'
'Aqueles que loitaron arreo e levaron fe á túa casa,'
'e aqueles que aínda loitan, magnificamente.'
'Eles foron os últimos de todos.'
'Vinos por última vez onte pola mañá mentres escorregaban cara a Nimega.'
'Camiñaran ás apalpadas, enlamados, dende Arnhem,'
'dez millas ao norte,'
'e nós andabamos a preguntarnos se alguén vira a este ou aqueloutro.'
'Todo o mundo quería saber a canto ascendía o último reconto.'
'Iso foi onte pola mañá.'
'A última hora do serán anterior,
'soubemos que o que quedaba da 1ª División Aerotransportada'
'había marchar esa noite.'
'Se cadra debería recordarlles que estes eran homes dunha valía extraordinaria.'
'Estiveron por nove días neste pequeno espazo do que falaba,'
'sendo bombardeados e ametrallados'
' por todas partes.'
'Os últimos tres días quedaran sen auga,'
'unha pouca munición e comida reducida a case nada.'
'Por sorte, ou por desgraza, choveu,'
'e apañaron auga nos cascos e beberon.'
'Isto último nunca foi mencionado. Eran as Forzas Aéreas, ou non?'
'Eran duros, e sabíano.'
'De acordo, a auga e a comida non importaba.'
'Dálles algúns alemáns para matar e mesmo 1 posibilidade entre 10,
'e xa se amañarán dalgún xeito.'
'Os últimos tres días quedaran sen auga,'
'unha pouca munición e comida reducida a case nada.'
'Por sorte, ou por desgraza, choveu,'
'e apañaron auga nos cascos e beberon...'
Estamos agora a mediados de outubro,
e a guerra, sen dúbida, non terá rematado para o Nadal.
O clima non nos axuda,
e un terzo das nosas casas foi danado pola acción inimiga.
Gústache o que está a tocar a señora?
Algúns de nós pensamos que é a música máis fermosa do mundo.
Mais é música alemá.
E nós estamos a loitar contra os alemáns.
É algo no que terás que pensar máis adiante.
Chuvia.
Demasiada chuvia.
Hai humidade mesmo debaixo da terra.
Mira o lugar onde Goronwy ten que extraer o carbón.
E ti, todo quentiño e adurmiñado no teu berce ao pé da lareira.
A túa nai escribe unha tarxeta de Nadal a teu pai.
Ten que mandala agora, porque el está aló no leste.
Tarxetas de Nadal, cartas, paquetes... mándanse agora
para os nosos amigos alén os mares.
Timothy James,
Eu bautízote no nome do Pai,
do Fillo,
e do Espírito Santo.
Amén.
Chuvia.
Chuvia durante todo outubro.
Chuvia e o teu bautismo.
Un bautismo coral.
Non moitos bebés poden dicilo.
Ti es un dos afortunados.
Esperemos que a sorte dure.
Sube as muletas arriba.
E agora a esquerda.
Un paso pequeno adiante.
E dereita, mantendo todo o teu peso
nas muletas.
Mantén a cabeza ergueita.
E agora a descansar un chisco.
Non está mal, eh, Irmá?
Moi ben, para un primeiro intento.
Porque hai mala sorte no mundo, Tim, tanta como boa.
É un mundo incerto.
Este é Goronwy.
A xente máncase en tempos de paz, o mesmo que na guerra,
aínda que non debera ser así.
Convídeme a un pito, Doutor.
- Chegou a ambulancia? - Eu non vou a casa en ambulancia!
A miña dona estará asustada.
Fica aí tranquilo, Goronwy.
Ti non vas ir a casa aínda.
Irás a un hospital, onde che poidan mirar o brazo con raios X e deixalo ben.
Entendido?
Jock, vai e cóntalle á Sra Jones que Goronwy tivo un accidente.
É terríbel que este tipo de cousas acontezan aínda hoxe, todos os días,
malia levarmos 500 anos extraendo carbón.
- Está a túa nai? - Si.
Goronwy tivo un accidente.
Mamá!
Outra cousa para que penses nela.
Xa é novembro.
E aínda hai perigo nas praias.
O problema destas minas
é que fican na area durante catro ou cinco anos,
mistúranse co arame,
e enferruxan coa humidade.
Así que o mellor que podes facer é estoupalas.
Imaxina que foses a Londres
Londres en novembro semella un lugar agradábel e tranquilo.
Pero tamén aquí as cousas teñen o seu risco.
O malo mistúrase co bo, nunca se sabe o que está por chegar.
...que o noso último rei Hamlet venceu a Fortinbras.
E canto tempo haberá?
Non o sabedes? Calquera idiota volo pode dicir:
foi o mesmo día en que naceu o mozo Hamlet;
o que está tolo e marchou para Inglaterra.
Oes, e por que marchou para Inglaterra?
Porque está tolo,
e alí ha recobrar a razón;
e se non é así tampouco importa moito.
Ben, se este é o lugar de lanzamento,
e este é o obxectivo,
a 200 millas,
e eles guindan un deses artefactos dende aquí,
que ascenda cun ángulo de 45º a unha altura de 60 millas...
Viaxa a 3,000 millas por hora...
canto precisa para alcanzar o seu obxectivo?
Sábelo?
- Non, non o sei. - Mal demo o coma!
Unha vez derramoume unha xerra de viño do Rhin pola cabeza.
Esta mesma caveira, señor, é a de Yorick, o bufón do Rei.
- Esta? - A mesma.
Déixame vela.
Ai...,
pobre Yorick!
Tivemos que andar todo o camiño a casa.
Aquí estiveron aqueles beizos que tantas veces biquei.
Onde están agora as túas burlas?
Os teus chimpos? As túas cancións?
As túas afiadas brincadeiras que decote animaban a mesa con alegre balbordo?
Non te mofas agora do teu propio sorriso?
Bastante afundido...
Vai agora ao cuarto da miña señora,
e dille que por máis que poña unha polgada de afeite
ha rematar desta guisa;
iso ha facela rir.
Pon ollo, que podes rompelo.
- Imos ter que facelo. - Como é iso, amigo?
- Báixaa un pouco máis. - Aínda máis? Que tal así?
Perfecto.
Hai alguén aí abaixo.
Aí? De acordo.
Silencio, por favor!
Silencio!
Silencio!
Moi ben, continuade.
Último tren a Barnet.
Sigamos.
Chegamos todos a decembro.
E canto pesas agora?
Cada día es algo máis pesado e máis vello.
E cada día estamos a quitar máis minas das praias.
e a comezar cos centos de millas de estadas e arame de pugas.
A guerra non ha rematar antes do Nadal,
pero polo menos sentímonos a salvo da invasión.
E contra o solpor hai un desfile da Home Guard.
Unha por George. Meréceo.
Velaquí.
Aí che vai, meu.
- Moita sorte. - E saúde.
Penso que a inflamación baixou unha miga, Jane.
A ver o que di o Doutor.
- Como se atopa hoxe? - Non moi mal, Doutor.
- Vai moi ben, non é? - Si.
O teu primeiro Nadal está a chegar, Tim.
Será o día que máis che guste de todo o ano.
O día en que todos os cativos deberan procurar seren felices.
Mais é o día en que nos debéramos reunir todos na casa,
e moitos de nós non están.
E nunca estarán.
E aquí, Tim,
aquí vén o carteiro cunha gran sorpresa.
Ooh, mira, Tim, isto é para ti.
"Mestre Timothy Jenkins,
"Reitoría de Nuffield, Henley-on-Thames,
"Oxon, England."
# O bo rei Wenceslao miraba
# na Festa de San Estevo,
# cando a neve se estendía arredor
# intensa, fráxil e uniforme.
# Brillaba a lúa aquela noite,
# malia a dura xeada,
# cando albiscou un pobre
# apañando combustíbel para o inverno.
'Bo día a todos.'
'Velaquí a primeira nova de hoxe, luns 18 de decembro,'
'lida por Frank Phillips.'
'Os alemáns veñen de lanzar un gran contraataque'
'contra o Exército Americano.'
Naqueles días previos ao Nadal, as novas non eran boas.
E sufriamos un tempo bravo.
Morte e escuridade,
morte é néboa,
morte ao longo desas poucas millas de auga de noso.
Para a xente, escravizada e rota,
o bruído da guerra era cada vez máis forte,
e a morte chegábanos por telegrama na véspera do Nadal.
Até que alén da néboa amenceu...
...fermoso,
resplandecente,
o día de Nadal.
# Vide e mirádeo
# que naceu o Rei dos Anxos
# Oh, vide e adoremos
# Vide e adoremos
# Vide e adoremos
# a Cristo o noso Señor.
Veña, un brinde.
- Polos amigos ausentes. - Polos amigos ausentes.
Non, non o vexo dende haberá dous ou tres meses.
Non sei ben onde pode estar.
- En fin, polos amigos ausentes. - Polos amigos ausentes.
- Polos amigos ausentes. - Polos amigos ausentes.
- Polos amigos ausentes. - Polos amigos ausentes.
- E por Tim. - E por Tim.
# Vide e adoremos
# Vide e adoremos
# Vide e adoremos
# a Cristo o noso Señor.
"Meu querido fillo."
"Deséxoche un feliz Nadal"
"e un próspero Aninovo."
"Devezo por estar contigo e máis coa mamá axiña."
"Creme, habémonos divertir moito xuntos."
"Perdín o comezo da alegría dos teus primeiros días na terra."
"É unha gran perda para min."
"E penso que aínda pasará un tempo antes de nos xuntar de novo para sempre"
"Até daquela, Timothy James,"
"que Deus te bendiga e protexa,"
"e que esteas sempre feliz"
"e contento con esta vida que che foi dada."
# Deberiamos esquecer as vellas amizades
# e nunca recordalas?
# Deberiamos esquecer as vellas amizades
# polos vellos tempos?
# Polos vellos tempos...
E así remata o ano 1944, e ti tes catro meses de idade, Tim.
E velaquí está o novo ano.
Que acontecerá en 1945, e nos anos vindeiros,
cando nós xa non esteamos aquí e ti si?
Durante estes horríbeis outono e inverno, Tim,
estivemos na escuridade case tanto coma ti.
Mais contra a metade de xaneiro albiscamos o que se aveciñaba.
Algo tremendo, se cadra.
O Mariscal Stalin anunciou unha grande ofensiva no sur de Polonia.
'En dous días, rachou coas extensas defensas inimigas'
'nunha fronte de 40 millas, e unha profundidade de case 25.'
'O Exército Vermello está a 75 millas da fronteira alemá.'
'A confirmación, rápida e completa, chegou dende Moscova esta noite:'
'todos os informes alemáns falan dunha nova grande ofensiva rusa'
'no sur de Polonia.'
'E non só iso, o Mariscal Stalin emitiu unha orde'
'anunciando que no remate destes primeiros dous días -que comezaron onte-'
'o famoso 1º Exército Ucraíno do Mariscal Koniev'
'penetrou polo oeste a través das defensas alemás'
'contra as súas bases avanzadas alén do Vístula.'
'Radio Moscova transmite as salvas de saúdo en directo,'
'seguidas de marchas militares, o Himno Nacional Polonés
'e máis a Polonesa de Chopin.'
'Ás cinco en punto,'
'324 artilleiros dispararon 24 salvas en Moscova,'
'en honor das tropas que capturaron Varsovia.'
'Hai máis de 80 xenerais baixo o mando de Zhukov,'
'incluindo o que comanda o 1º Exército Polonés,'
'que foi adestrado na Unión Soviética.'
'As salvas de artillaría,'
'que escoitarás en War Report,'
'foron emitidas pola Radio Soviética,'
'como tamén o foron os himnos polonés e soviético.'
'En tributo aos nosos aliados, reproducimos agora estes himnos.'
Adiante e arriba. Veña.
Aí, exacto.
Tratade de estirar o cóbado.
E os brazos abaixo, de lado.
Estendédeos de todo.
Outra vez, vale?
Adiante e arriba. Veña.
Os rusos entraron 20 millas na Alemaña,
a través da fronteira da Silesia,
nunha fronte de 55 millas.
Agora virade á dereita.
Poñede o pé lesionado cara adiante.
Ben, abaneádevos sobre ese pé. Seguido.
Adiante, atrás, o brazo adiante.
E adiante, atrás...
Os rusos penetraron hoxe na costa báltica.
Os brazos adiante e arriba. Abaneádeos 100 veces.
Listos? Veña, logo.
Un e dous... Non o esquezades, deica chegardes a 100.
Tres, e catro...
e seis, e oito...
e 10, e 20...
30...
40... Arriba.
50... 60... máis alto.
70... 80...
90...
91...
92... seguide así.
93... 94...
Máis alto. 95...
Os calcañares fóra do chan.
98...
99...
99 e medio...
99 outra vez... e 100. Moi ben!
Os pilotos estadounidenses vidos de Inglaterra
viron hoxe os alemáns a defender a fronte de Oder
contra o avance do Exército Vermello.
Os americanos estaban a escoltar máis de 1.000 bombardeiros
para o ataque máis colosal xamais realizado
contra os edificios do goberno e as comunicacións
do centro de Berlín.
O corazón de Berlín sufriu o bombardeo máis prolongado no mediodía de hoxe,
O ataque foi realizado por máis de 1.000 bombardeiros
da 8ª Forza Aérea dos Estados Unidos,
escoltada por centos de Thunderbolts e Mustangs.
Varreron a cidade en dúas vagas,
e guindaron case 2.500 toneladas de explosivos de alta potencia...
Agora que o perigo, para nós, pasou de largo...
V-1, V-2 e todo o resto...
Agora que vencemos o inimigo en Europa,
a vida vai ser máis perigosa ca antes, por estraño que pareza.
Máis perigosa porque agora temos o poder de elixir
e o dereito á crítica e mesmo á queixa.
Somos homes ceibes.
Temos que decidir por nós mesmos.
E parte do teu esforzo, Tim, vai ser aprender a medrares ceibo.
A conferencia dos "Tres Grandes" rematou.
Tivo lugar en Crimea.
Acordáronse as decisións da vitoria final,
a ocupación e o control da Alemaña,
e unha organización mundial para manter a paz.
Ás nove e media de onte á noite,
Gran Bretaña, E.E.U.U. e Rusia emitiron unha declaración dos Tres Grandes
sobre o seu labor nos últimos oito días.
Unha tarde, eu cavilaba no pasado.
A última guerra,
o desemprego...
os fogares rotos...
as familias dispersas...
E daquela pensei:
"Realmente, todo isto ten que volver a ocorrer?"
# Somos novos, e as rapazas da nosa vila
# son tan fermosas como as estrelas que nos cobren
# Ti podes estudar o teu Marx e o teu Lenin
# de igual xeito que suspiras na primavera polo amor
# Pode ser como dis?
# Que se interpón?
# Debes dicirnos como pode ser
# Estamos en harmonía coa primavera, todo o mundo parece cantar
# no noso país, tan novo e tan libre
Mira o que fixeron os británicos logo da última guerra.
Lembro xente indo en carretas ao hospital co espiñazo partido.
E agora temos a nosa propia ambulancia,
o noso propio servizo de enfermaría, os nosos propios hospitais,
os nosos propios comedores, os nosos baños nas minas.
Se fomos quen de facer todo isto neste tempo,
nada nos ha deter logo desta guerra.
Non, coido que pasear pola praia vai máis comigo.
Pasear pola praia?
Si, no Pacífico,
onde poida sentar ao sol e non facer absolutamente nada.
Así que Peter volveu ao seu avión,
e Goronwy á súa mina.
Volta á vida de sempre.
E aos perigos de sempre.
Isto non se parece a camiñar pola praia.
'O 2º Exército Británico e o 9º Americano,'
'baixo o mando do Mariscal de Campo Montgomery,'
'está a cruzar o Rhin no que parece ser'
'a meirande operación aérea e terrestre dende o día D.'
Aquí, aquí. Xa está.
Ben, querido Tim,
isto é o que está a acontecer ao teu arredor durante os teus primeiros seis meses.
E xa ves, é a única vez que estás san e salvo.
Até o de agora estivemos a conversar.
Mais axiña terás que te poñer en garda.
Que vas dicir ao respecto?
Que vas facer?
Xa sentiches o que Goronwy estaba a pensar:
desemprego logo da guerra,
e logo outra guerra.
E logo máis desemprego.
Será así outra vez?
Cobizarás os cartos ou o poder,
expulsando a decencia do mundo igual ca no pasado?
Ou vas facer do mundo un lugar diferente,
ti e máis o resto de bebés?
Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.