All language subtitles for ► María Casares. La mujer que vivió mil vidas

af Afrikaans
ak Akan
sq Albanian
am Amharic
ar Arabic
hy Armenian
az Azerbaijani
eu Basque
be Belarusian
bem Bemba
bn Bengali
bh Bihari
bs Bosnian
br Breton
bg Bulgarian
km Cambodian
ca Catalan
ceb Cebuano
chr Cherokee
ny Chichewa
zh-CN Chinese (Simplified) Download
zh-TW Chinese (Traditional)
co Corsican
hr Croatian
cs Czech
da Danish
nl Dutch
en English
eo Esperanto
et Estonian
ee Ewe
fo Faroese
tl Filipino
fi Finnish
fr French
fy Frisian
gaa Ga
gl Galician
ka Georgian
de German
el Greek
gn Guarani
gu Gujarati
ht Haitian Creole
ha Hausa
haw Hawaiian
iw Hebrew
hi Hindi
hmn Hmong
hu Hungarian
is Icelandic
ig Igbo
id Indonesian
ia Interlingua
ga Irish
it Italian
ja Japanese
jw Javanese
kn Kannada
kk Kazakh
rw Kinyarwanda
rn Kirundi
kg Kongo
ko Korean
kri Krio (Sierra Leone)
ku Kurdish
ckb Kurdish (Soranî)
ky Kyrgyz
lo Laothian
la Latin
lv Latvian
ln Lingala
lt Lithuanian
loz Lozi
lg Luganda
ach Luo
lb Luxembourgish
mk Macedonian
mg Malagasy
ms Malay
ml Malayalam
mt Maltese
mi Maori
mr Marathi
mfe Mauritian Creole
mo Moldavian
mn Mongolian
my Myanmar (Burmese)
sr-ME Montenegrin
ne Nepali
pcm Nigerian Pidgin
nso Northern Sotho
no Norwegian
nn Norwegian (Nynorsk)
oc Occitan
or Oriya
om Oromo
ps Pashto
fa Persian
pl Polish
pt-BR Portuguese (Brazil)
pt Portuguese (Portugal)
pa Punjabi
qu Quechua
ro Romanian
rm Romansh
nyn Runyakitara
ru Russian
sm Samoan
gd Scots Gaelic
sr Serbian
sh Serbo-Croatian
st Sesotho
tn Setswana
crs Seychellois Creole
sn Shona
sd Sindhi
si Sinhalese
sk Slovak
sl Slovenian
so Somali
es Spanish
es-419 Spanish (Latin American)
su Sundanese
sw Swahili
sv Swedish
tg Tajik
ta Tamil
tt Tatar
te Telugu
th Thai
ti Tigrinya
to Tonga
lua Tshiluba
tum Tumbuka
tr Turkish
tk Turkmen
tw Twi
ug Uighur
uk Ukrainian
ur Urdu
uz Uzbek
vi Vietnamese
cy Welsh
wo Wolof
xh Xhosa
yi Yiddish
yo Yoruba
zu Zulu

Original subtitles

(Música)

(Música)

(Ondas)

(Ondas)

(Ondas)

(Música)

(Música)

(DIRECTOR) Eu era moi novo.

Estaba gravando un dos meus primeiros vídeos

nunha casa grande, fechada e baleira.

Os franquistas saqueárana e expropiárana no 1936,

Cando Franco deu o golpe de estado e Galicia caeu nas súas mans.

(Música sombría)

Aquela era a casa de Santiago Casares Quiroga.

O xefe de goberno da República

contra a que parte do exército se sublevou

provocando unha guerra civil.

(Música sombría)

El creou aquela biblioteca que chegou a ter máis de vinte mil volumes.

(Música sombría)

A súa filla María Casares pasou a infancia naquela casa.

Estudaba nesa biblioteca.

Pero despois de 40 anos de exilio en Francia, xamais volveu.

(Música sombría)

Desde que abandonei España, en 1936,

vivín sempre en estado de urxencia.

A nostalxia do tempo pleno da miña infancia

fura no mesmo centro dos meus días, das miñas noites,

de cada unha das miñas actividades.

(Música)

Ah!

(Música)

Ah!

Cando un está exiliado unha vez, está exiliado para sempre,

pero tamén se aprende outra cousa, que non hai fronteiras

e, se hai fronteiras, non están alí onde se di.

(Música)

O meu nome é María Casares, a miña patria é o teatro.

Viaxei por todas partes, no espazo e no tempo.

Coñecín a Xoana de Arco, a María Tudor de Inglaterra,

a Catarina de Rusia, a Medea dos gregos.

Habitei nos pazos do renacemento.

Cabalguei nas monturas das amazonas.

Atravesei os séculos.

Andei polo outro lado dos espellos.

Matei, traizoei.

Fun verdugo e mártir.

Sádico e masoquista.

Representei as máis fermosas historias de amor.

(Música)

María Casares é unha das grandes creadoras europeas do século XX.

E é evidente que a súa creación e a súa vida

están indisolublemente unidas ós grandes movementos e crises

da Europa do século XX.

Viviu a guerra civil, viviu un exilio,

viviu unha segunda guerra mundial cunha ocupación.

E todo isto, evidentemente, inflúe na súa maneira de ser

na vida e na arte, na creación.

Para as entrevistas, gústame estar sen nada.

Queríanme maquillar os ollos e dixen que non.

María díxome ao principio desta entrevista

que non lle importaba,

mesmo que lle gustaba que lle falaran en galego.

(EN CASTELÁN) Si, é verdade.

É verdade. Sinto moito non falalo,

creo que o falaría axiña se vivise en Galicia un pouquiño

e se me puxese a falalo

porque o comprendo, me parece, case perfectamente

e aínda me queda dentro o galego, quédame tanto que me queda o acento.

(Música)

Os casares crearan unha liñaxe na Coruña.

Ateos, ricos, republicanos...

A súa personalidade brillante, a súa cultura,

a súa actividade político-revolucionaria

convertéraos nos nenos consentidos ou aborrecidos de Galicia.

Meu pai naceu en 1884.

Creceu, desprazou a súa tuberculose

e meu avó mandouno a Madrid para rematar a carreira de Dereito.

Desde onde volveu cunha meniña envolta nunha manta debaixo do brazo

que lle presentou como a súa filla Esther.

Seus pais e os seus oito irmáns estaban mortos cando nacín eu.

Arrebatados pola tise, a epilepsia ou os accidentes cardíacos.

En principio, non querían ter fillos, pero chegou María Victoria.

Por iso lle puxeron Victoria, porque foi unha vitoria da vida.

Gloria estivo totalmente entregada a esta nena.

Cando meus pais me tiveron, foi por descoido ou torpeza.

Non me querían.

Esas enfermidades eran para eles bestas negras e ameazadoras.

Pero eu estaba alí e non era ningún gato para tirarme ó mar.

Gloria Pérez Corrales é filla de Pilar, unha muller cigarreira

que pertence a unha familia de mulleres obreiras.

Foi aprendiza de costureira nunha sombreiraría

cando Santiago Casares a coñece.

Nesta relación vai haber moitos elementos, digamos, de ruptura

con relación á sociedade na que viven.

Para empezar, xa, unha ruptura de clase.

Ó intentar falar de miña nai,

asómbrame a estraña impresión que teño de non coñecela.

Non era culta e pasaba por unha persoa extremadamente refinada.

Era de orixe sinxela e pasaba por unha aristócrata.

María Casares dicía, e é unha frase que a min me parece moi bonita,

que o seu pai lle falaba de todo

e que a súa nai a levaba a todas partes.

Decidiuse que eu pasaría seis meses ó ano na rúa de Panadeiras,

se era posible, no xardín, da noite á mañá.

E seis meses no campo, en Montrove, en Villa Galicia.

Un soberbio pazo que meus pais alugaban desde había anos.

Tanto aquí como aló, o océano limitaba case por enteiro a paisaxe.

Non volvín nunca.

Ningunha imaxe nova veu sobrepoñer...

sobre os recordos antigos para cambialos.

A Galicia que eu coñezo é a Galicia da infancia,

é dicir, da miña infancia.

Queda coma unha fotografía viva.

(HOME) (EN CASTELÁN) María, durante o tempo que Santiago Casares Quiroga

estivo de arresto domiciliario nesta casa de Panadeiras,

tivo unha relación moi estreita con el

na que o pai funciona como un auténtico orientador

e canalizador de inquietudes por parte da filla.

(Música)

Desta fermosa e gran biblioteca ocupábase el con verdadeiro amor.

Era alí onde vivía meu pai durante a ditadura de Primo de Rivera,

non sendo para comer e durmir, en arresto domiciliario.

E alí era onde me recibía.

Durante horas, estudiabamos xuntos

a división da célula, con axuda de debuxos.

Ou ben as reaccións químicas de líquidos misteriosos

que mesturaba para ofrecermos en fabuloso espectáculo.

(Música)

A primeira vez que fun a Madrid, era finais de 1930.

A meu pai detivérano en Jaca

por intentar proclamar a fracasada república.

Condenárano a morte

(Golpe metálico)

e fora ou ía ser fusilado.

Eu tiña oito anos e só o volvín encontrar no cárcere Modelo.

As mans trementes, a pel sobre os ósos

e unha mirada vehemente, famenta, era a pantasma de meu pai.

Foi o que se denominou a sublevación de Jaca e Cuatro Vientos.

Era unha sublevación de claro carácter republicano,

de claro carácter antimonárquico, para botar a ditadura.

A implicación de Casares Quiroga nesta sublevación

dálle unha aura de prestixio indubidable.

E, de súpeto, unha tarde,

A Coruña verteu sobre nós a súa poboación enteira.

(Berros)

A multitude invadía os pisos da nosa casa.

(Berros)

A través dos cristais vin unha fina silueta

que uns homes levaban en triunfo, a ombros,

emerxendo dunha marea humana ós berros de: "Viva Casaritos".

E, á fin, recoñecín a meu pai,

obrigado a avanzar de ombro en ombro por riba da multitude.

Foi así como chegou ata a casa.

Bruscamente, cesaron os berros, houbo un silencio profundo

e miles de panos brancos alzáronse para saudar a meu pai.

(Berros)

Miña nai tíñame con ela para que non me pasase nada

porque era moi pequeniña.

Eu encontreime no balcón, detrás da reixa, non, da balaustrada.

Eu non chegaba á balaustrada.

Dun lado, estaba meu pai. Do outro, miña nai.

El fai ese comentario, non? Á filla.

De que di: "Ben, hoxe tírannos flores, non? Tírannos rosas,

Hoxe é un día de festa e tal,

pero outro día pódennos tirar pedras e tomates".

(XENTE BERRANDO) República! República!

República! República!

(Berros)

(Aplausos e asubíos)

Mentres tanto, a monarquía española derrubábase.

A familia real era xentilmente conducida á fronteira.

E proclamábase a segunda república.

Cun goberno provisional

no que meu pai debía ocupar o posto de ministro de Mariña.

A partir da chegada ó goberno provisional

de Santiago Casares Quiroga, instálase nas elites republicanas.

Un goberno máis representativo e con intencións modernizadoras

e con intencións progresistas para o país.

(MULLERES) ♪ É o tempo de tróquele, tróquele,

♪ é o tempo de troquelear.

♪ É o tempo de mazar o liño, é o tempo do liño mazar. ♪

A infancia, a primeira, a verdadeira, acabábase.

Deixábaa nas terras húmidas, verdes e sombrías,

agridoces de Galicia.

O seu ceo cambiante, rápido, inesperado.

A chuvia miúda, fina, indefinida.

Máscara de po de auga que cobre con veos de melancolía gris azulada

os bosques de faias, piñeiros e eucaliptos.

Os cumios afastados,

os prados deseñados con toxos e xestas.

♪ O mesmo aire me leva. ♪

(Música)

Vivir na cidade significa tamén vivir en sociedade.

Cando cheguei á idade de nove anos a Madrid,

nada me preparaba para iso.

Pola súa parte, meu pai iniciábase no labor ingrato

de gobernar democraticamente un pobo,

latino e español, para máis,

sen sospeitar aínda o que o esperaba.

Azaña, como xefe do consello de ministros,

nomeará a Santiago Casares Quiroga como ministro da Gobernación.

(Música)

Santiago Casares Quiroga debe facer fronte a varias sublevacións

os sucesos Barnedo, os de Casas Viejas...

E tamén ten que facer fronte a unha conspiración militar,

a sublevación do xeneral Sanjurjo no verán do 1932.

(Música)

(Música)

Comezaban a respirarse tímidas brisas de apertura.

Estendíase unha escola nova de ensino, o Instituto-escola.

Do tempo que pasei nel,

quedoume unha indiferenza absoluta polo que dirán

e a actitude para crear unha disciplina persoal

emparellada cun espírito crítico.

(Música)

María Casares aterra nun ensino no que se introduce o teatro

e aí vai participar nalgunhas montaxes que se fan no Instituto-escola.

Unha vez que se instala en Madrid, volve todos os veráns a Galicia,

pero Madrid tamén forma parte da súa vida.

E di: "Cando estaba en Galicia pensaba en Madrid

e cando estaba en Madrid, pensaba en Galicia".

(Música)

Vivimos nun apartamento na rúa Alfonso XII, fronte ó Retiro.

(Música suave)

A meus pais case non os vía, non tiñan tempo para min.

Os problemas que presentaba a situación social,

a política, as responsabilidades que se acumulaban sobre meu pai,

chocaban contra a feroz teimosía

que eu poñía en non oír nada, en non ver nada.

(Música suave)

Unha noite, o pintor novo

para o que posaba mamá desde había algún tempo

e que estaba rematando o seu retrato,

regaloume na presenza dela unha cestiña de caramelos.

E cando ma deu,

foi o seu sorriso, foi a actitude de mamá...

Só o demo o sabe.

Souben naquel mesmo instante que aquel home era o seu amante.

A partir dese momento, descubrín rapidamente,

en cada ocasión, o novo home que había na súa vida.

E, máis tarde, disputeillos.

Casares Quiroga non só cría na liberdade senón que o demostraba.

A proba está nese respecto que había

pola vida que podía levar a súa muller.

(Música)

Os apetitos do espertar sexual

silenciaban en min calquera outra preocupación.

Acababa de chegar á pubertade en Bastiagueiro,

na auga iodada do océano.

O entroido e as verbenas abríanseme por fin.

E podía encher co meu berro

o alegre pesadelo das rúas disfrazadas.

(Música)

Alí coñecín as primeiras miradas do amor.

A súa forza e a miña perversidade.

Azaña designa a Casares Quiroga como xefe de goberno.

A súa etapa ó cargo da xefatura do goberno da república

é unha etapa moi convulsa desde a perspectiva,

non tanto do que está ocorrendo socialmente,

pero si desde a perspectiva da preparación do golpe militar

contra a república democrática.

Coa derrota electoral das dereitas en febreiro de 1936,

que boa parte destes sectores non contemplan participar

no sistema parlamentario que recoñeceran ata entón,

e o proceso de conspiración vai ir aumentando

desde febreiro de 1936 como bóla de neve.

(Música suave)

Un día, sorprendín, sen pretendelo,

a única discusión de que fun testemuña entre meus pais.

(Música)

Mamá, co pelo enguedellado e ollos de tola,

berraba sen cesar o mesmo desgarro:

"Sempre estou soa".

Un puñazo formidable sobre a mesa

e a voz repentinamente atronadora de meu pai

cando advertiu a miña presenza

transformounos ós dous en estatuas de sal.

(Música)

A actitude de Santiago Casares Quiroga fronte ó coñecemento evidente

da sublevación militar é moi semellante

á que tivo coa sublevación de Sanjurjo.

Deixar que os mandos militares saísen

e, posteriormente, ser, digamos, anulados.

Pero hai un elemento novo que si realiza Casares Quiroga,

vai ir cambiando de sedes militares a todos os mandos.

Cambia a Franco, cambia a Mola,

para desconectar estes personaxes das tramas golpistas.

Pero os sectores socialistas,

eh, que son os que manteñen o goberno do Frente Popular,

pídenlle constantemente que dote de armas o pobo.

O medo de Azaña a perder a república por unha insurrección

de carácter obreiro, anarquista, que levase a unha revolución,

era maior cás primeiras novas do golpe militar.

República!

Miña nai era supersticiosa.

Un día, en Madrid, vina palidecer

cando un espello veneciano se derrubou en mil fragmentos

sen que ninguén puidese explicar por que.

(Cristal esnaquizado)

Ó día seguinte, aínda impresionada,

decidiu atrasar 24 horas a viaxe a Galicia.

E aquela mesma noite, unha chamada desde Marrocos

anunciáballe a meu pai o levantamento do exército.

(Música sombría)

A guerra civil escindía España en dúas partes.

E A Coruña estaba nas mans daquel outro galego:

Franco.

(Música sombría)

As familias estoupaban coma o espello en campos inimigos

e pais, fillos, irmáns e amigos divididos

medíanse lívidos pola máis antiga das cóleras,

petrificados pola estupefacción.

Esther, miña irmá, separada da súa filliña

e tirada no cárcere durante tres anos,

vivía agora en residencia forzosa na Coruña.

En 1939, ela será sometida a prisión domiciliaria.

Pero ten que ir, nun primeiro momento diariamente,

a fichar á Capitanía xeral.

E hai unha fotografía impresionante que demostra a valentía desta muller

que é unha foto que ela quixo que fose tomada diante de Capitanía xeral

co diario na man,

o diario no que estaba obrigada a anotar a todas as persoas que vía.

Nunca se lle instruíu un proceso nin se lle abriu unha causa,

é dicir, simplemente estaba prisioneira

por ser filla de Santiago Casares Quiroga.

(Avance de cinta)

A casa de meus pais na Coruña fora baleirada.

Os libros de papá, queimados ou vendidos en poxa,

xunto cos obxectos, os mobles e ata as mesmas paredes.

(MANUEL RIVAS) "Na beira do mar,

para que o mar leve os restos de tanta podremia, de tanta miseria,

a Falanxe está a queimar moreas de libros.

Home, un 'casaritos',

sente a excitación de ter capturado un anaco do dono.

Sente que nalgunha parte de Madrid, alí onde se atope,

Casares ten a sensación de que, nese intre,

dúas poutas o agarran polas lapelas

e abren polo peito o feble costelar".

O recordo máis aterrador que me deixou a guerra de España

é o da primeira noite.

A que seguiu á chamada telefónica

anunciando o levantamento militar en Marrocos.

O único que sei é que me encontrei con meus pais no Ministerio da guerra.

Estaba nunha gran sala solemne

coas paredes cubertas por retratos de antecesores.

(Música)

Para min, era como se alguén cortase o son.

Pero, de súpeto, tiven a meu pai fronte a min.

Anuncioume que eu tiña que marchar inmediatamente

para a casa de Amalita de la Fuente, a súa secretaria.

Mamá decidira quedar co seu marido naquel luxoso cuartel

que, seguramente, sería bombardeado aquela mesma noite.

(Música)

Leváronme, deiteime

e, inmediatamente despois, produciuse o horror.

(Música)

Empezou polo ruído rimado do galope dunha cabalgata fantástica,

como para crer que todas as cabalerías de todas as Españas

atacaban Madrid.

Levanteime e fun á ventá para escoitar,

berros afastados, carreiras, estoupidos...

E, despois, a primeira detonación.

Uns minutos despois, o ceo parecía de lume

trala ventá cos poxigos pechados.

A violencia do bombardeo sacudía os cristais,

o chan do meu cuarto e facía vibrar a cama.

No silencio restablecido, mortal,

boteime a chorar, pensaba en meus pais mortos.

(Música)

Tiña que saír como fose de Madrid, saír de España, pasar a Francia.

(Música sombría)

Para o outro día, na rúa Alfonso XII,

a casa que encontrei era a dunha familia de loito.

Non morrera ninguén,

pero papá xa non formaba parte do goberno daquela república

na que deixara as súas enerxías, a súa xuventude

e a mellor parte de si mesmo.

Ante a noticia de que sae Casares Quiroga,

os sindicatos, as sociedades obreiras, etcétera,

maniféstanse en Madrid en defensa de Santiago Casares Quiroga.

Porque quería armar o pobo

nas primeiras horas do levantamento militar

viuse forzado a dimitir.

Meu pai viuse reducido ó silencio

e ó aceptar representar a capitulación ou a incapacidade,

quedou ferido para sempre.

Considerárono, en gran parte, como a vítima expiatoria

tanto pola parte de esquerda, moderados, etcétera,

e tamén para toda a dereita.

Sabemos que se fixo del un pandeiro, non?

Unha especie de pallaso das labazas, de boneco.

Foi o máis caricaturizado.

Escollido para esfarelar a imaxe, en xeral, da República.

(HOME) Viva España!

Chegou entón o tempo das persecucións.

Da caza a morte,

das execucións sumarias e sen apelación.

(Música)

Chegou tamén o tempo das batallas para evitar o sitio.

Dos combatentes atravesándoo de extremo a extremo

para dirixirse á fronte ou apartarse dela.

Madrid era a un tempo fortaleza de primeira liña,

cidade ocupada, foco de revolución.

As súas rúas ardentes de sol

reavivaban á vez o ardor dos seus defensores,

a rebelión do pobo en armas e as vinganzas do odio e da miseria

que arrebataban ós ocupantes de retagarda.

Mentres tanto, mamá entraba ó servizo dun hospital, o Oftálmico.

Pedín que se me permitise acompañala.

Foi alí onde aprendín a adiviñar,

comprender e amar os homes tal e como son.

Entre eles descubrín a amizade viril, libre e púdica,

sen brandura, áspera e sen palabras.

Aprendín alí tamén unha familiaridade coa morte,

a dor física, a carne ferida e enferma.

A forza e o poder dun corazón ben temperado contra a dor.

Santiago Casares xa non é o xefe de goberno da república.

Aínda que ten un papel político relevante

e vai seguir aí ata o final da guerra.

Pero envía a súa muller e a súa filla a París.

Envíaas como recoñecen os seus pasaportes:

residentes privilexiadas.

Mamá e eu saímos en dirección a Barcelona,

onde se nos reuniu un novo personaxe

que moi rapidamente ía compartir a nosa intimidade.

E era para preguntarse se se trataba da aparición dun anxo ou dun demo.

(Música suave)

Enrique López Tolentino ingresara no hospital

para curar unha ferida leve.

Desprendía beleza.

Tiña os dezaoito anos dos fillos do sur.

Instalárono na sala da que se ocupaba miña nai.

Pouco tempo despois, durante as sestas,

compartía xa as súas caricias con mamá.

E desde a nosa chegada a París, converteuse no meu primeiro amante.

Un exilio é, ó mesmo tempo, unha dor, unha cousa difícil,

pero tamén é algo que obriga

a aprehender a vida dunha maneira extraordinaria.

E obriga a un esforzo de coñecemento do mundo,

do coñecemento das linguas,

do coñecemento de si mesmo tamén

e que, ó meu parecer, pode ser unha riqueza.

(MULLER) A ela gustáballe moitísimo ler poesía.

Facíao dunha maneira que a sentía,

dunha forma que case se desmaiaba.

E púñase case en transo.

A partir de aí, a súa nai, xa interveu rapidamente, Gloria,

e díxolle: "A ti, realmente, gustaríache ser actriz?".

Entón, foi, realmente, a nai a que tamén lle axudou.

Sempre fun moi amiga de miña nai.

Moito. Eramos como dúas compañeiras que o facían todo xuntas.

Sen a nai, está claro que non podería saír adiante

como saíu na súa profesión, a nai encargouse de facerlle fácil a vida

e o mesmo a podía acompañar, di María nas súas memorias,

a podía acompañar a unha estrea teatral

que estar fregando o chan ou facendo a comida para que ela puidera ir.

Ata 1939, quizais,

non me presentei por primeira vez ó exame de ingreso no conservatorio.

Todos os profesores sen excepción dixeron que era inútil

que me presentase aquel ano

antes de calmar os meus nervios e aprender o francés.

(Música sombría)

(Corneta)

(HOME) (EN CASTELÁN) Primeiro de abril de 1939.

No día de hoxe, cativo e desarmado o exército vermello,

alcanzaron as tropas nacionais

os seus últimos obxectivos militares.

A guerra rematou.

(Música sombría)

A guerra de España acabara de matar os seus dos millóns de persoas,

aínda que non chegase o final dos seus mortos.

Todos os que simpatizaran coa democracia

e que deran co medio de escapar chegaban en masa.

Os artistas, os escritores, os poetas...

Outros, os menos privilexiados,

encontrábanse encerrados preto da fronteira,

nos primeiros campos de concentración dos que eu oín falar.

(HOME) María, é certo que ten vostede certo medo de volver a Galicia?

Non é medo. É moi complicado.

Digo: "Teño ganas de ir, teño moitas ganas de ir".

Ela foi moi firme dicindo que non quería volver a Galicia.

Utilizaba esa imaxe de que, ben, se puxera orde con moitas cousas,

pero que prefería continuar en desorde con Galicia, non?

"Eu non me podo cruzar coas persoas que espoliaron a nosa casa,

non me podo encontrar cos verdugos".

Estaba a falar dun mundo que fora feito cachizas.

Non? Esa redoma que era ese paraíso perdido,

unha cidade que foi, por dicilo así, violada.

Esa Coruña republicana foi violada, foi masacrada.

Esa imaxe ó mesmo tempo viva e que non se moveu.

Non teño ganas de que se acabe o que teño diso.

Dáme a impresión de que se o que teño dela se termina,

eu termino dunha certa maneira.

(Música suave)

Respecto a meu pai, devolvéronnolo nun estado penoso.

Gastado coma un papel,

arrastraba con el un brote novo de tuberculose.

Para atallar o mal, tiña que saír con urxencia cara á Suíza, á montaña.

Conservo na memoria as relacións novas que se estableceron entre nós

despois de dous anos de separación

e que fixeran da nena que el vira marchar unha muller.

Unha relación nova difícil de restablecer.

Santiago chega a París e teñen como un período de tranquilidade

no que pai e filla se reencontran paseando por París,

facendo fotografías...

El comeza a aprender francés.

E aceptando a decisión

de que a nena comece a estudar para converterse en actriz.

Eu traballaba con ardor na preparación do exame de ingreso no conservatorio.

E por esa razón,

cando a guerra mundial o veu atrasar todo,

sentinme plenamente feliz, si, feliz.

Polo que se refería ó teatro, acabara todo, de momento.

A declaración oficial das grandes hostilidades

con violencias, bombas, obuses, combates...

facíame menos estranxeira neste país

onde o inimigo común nos reunía a todos nunha mesma patria nova:

a guerra.

(Música)

Acórdome do día que saímos cara a Bordeos

para coller o último tren que deixou París no 40,

antes da chegada das tropas alemás.

Temos un momento espectacular en canto ó éxodo de persoas,

o que se coñeceu como "o éxodo",

no que dous millóns de persoas abandonan a capital,

ante a chegada do exército alemán, cara ó sur.

(Música)

Chegan a Bordeos a tempo para vivir o bombardeo sobre a cidade

e, aí, a idea era que colleran un barco e marchar a Inglaterra,

só poderá facelo Santiago Casares, non hai sitio para todos,

nun barco fretado por Negrín.

Había xente que choraba. Mamá tamén. E eu tamén.

Naquel momento, adquirín conciencia da marcha de meu pai

e da nosa separación nova.

E puxémonos a esperar.

Esperar non sei o que.

Nunca na miña vida mirei tanto o océano.

Mirábao. Deus, como o miraba.

Por iso, nin sequera os vin chegar.

Estaba na praia cando descubrín a súa presenza.

Cantaban mentres quitaban os uniformes.

Aquela vez eran máis de vinte,

altos, de proporcións atléticas, louros, fermosos, escollidos.

Pero cando a onda enorme os rexeitou en desorde sobre a praia,

eran menos de vinte.

De regreso a París, aquí estamos as dúas,

soas, enfrontadas co exilio.

A guerra e a vida que as dúas queremos morder a dentadas.

Entón, todo serve de pretexto para ver, divertirse, conquistar, rir

e mesmo chorar, xa que chorar tamén quere dicir vivir.

Na Francia ocupada polo nazismo,

María Casares inicia os seus estudos no Conservatorio.

É inmediatamente reclamada pola profesora Beatrice Dussane,

que ve nela unha muller

cunhas características excepcionais para o teatro.

Non vai rematar os seus estudos no Conservatorio

porque nunha das audicións, Marcel Herrand,

director do teatro Des Mathurins,

solicita facerlle unha entrevista, unha proba.

El desexaba presentar unha obra irlandesa,

Deirdre das dores,

e propoñíame a personaxe principal, un papel "abafante", segundo me dixo.

E daquela cita, saín cunha proposta de contrato por un ano no peto

e podo dicilo, coa morte na alma.

Como chegara ata alí?

Que me empuxara?

Cansa, coa voz rota e esmorecente,

presentárame en escena soa e desarmada fronte a Deirdre.

E entón, fíxose o milagre.

Tiven que afogar a vergonza e dar un paso ó baleiro

cando me mergullei cega, por enteiro, como aspirada,

e souben por un instante o que podería ser o teatro.

(Música)

Cando empecei a facer teatro, o cine veume buscar ó teatro.

E empecei por unha película moi importante

que aínda se proxecta no mundo enteiro

que se chama Les enfants du paradis, unha película de Carné.

Despois, ó pouco, fixen Les dames du Bois de Boulogne,

que é unha obra de Bresson que tamén é un clásico do cine.

E era extraordinario porque tiña 20 e 21 anos,

e, na primeira, facía unha inxenua e, na segunda, unha muller de 35 anos.

Bresson no plató é un verdadeiro tirano,

esixente ó milímetro,

pedindo que un diga isto así,

esixindo que unha mirada se levante dunha certa maneira.

Entón, en que se converte o actor? Nun robot, nunha marioneta?

(Música)

Na historia de amor entre María Casares

e o escritor e premio Nobel Albert Camus,

hai un detalle moi bonito

que é que, antes de coñecerse persoalmente,

van ser espectadores un do outro.

Albert Camus vai asistir a unha das representacións de Deirdre,

polo tanto vai ver a María Casares como actriz antes de coñecela.

E un pouquiño despois, uns meses despois é María Casares

quen invitada a unha lectura dun texto teatral de Pablo Picasso,

O desexo atrapado pola cola,

ela é invitada por ser española, para agradar a Picasso, non?

E, entre as persoas que fan esa lectura está Albert Camus.

Polo tanto ela vai ser espectadora del antes de que os presenten.

Un dos intérpretes ergueuse e púxose a ler.

"Sen dúbida é un actor", foi o primeiro que me veu á cabeza.

E logo: "Gustaríame velo interpretar a Don Juan".

"Gustaríame coñecelo para...".

Pero nin sequera me deu tempo a preguntar de quen se trataba,

estabamos xa no centro dun grupo que se apertaba arredor de Picasso,

tan muda e azorada eu coma el.

(Música)

Unha noite, Marcel Herrand púxome nas mans

as probas de imprenta dunha obra: O malentendido.

"Penso que podes interpretar a personaxe de Marta.

Escribiuno un autor novo ó que aprecio. Le o texto".

Lino e aprecieino.

E busquei o nome do autor.

Albert Camus.

Esperaba o día en que o autor

nos fixese ós futuros intérpretes unha lectura da súa obra.

Fixo unha lectura extraordinaria do primeiro acto de O malentendido.

E eu seguía cada paso, cada xesto, cada respiración daquel descoñecido.

María Casares e Albert Camus inician a súa relación amorosa

nunha data moi histórica,

o 5 ou 6 de xuño de 1944,

no momento do desembarco dos aliados en Normandía.

A guerra estaba no seu apoxeo,

como a traca final duns fogos artificiais.

E mentres as tropas aliadas bombardeaban, atacaban

e se preparaban para desembarcar en Francia e liberar París,

eu abrazaba a miña vida e a miña paixón con ela.

Xuntabámonos, sobre todo, na súa casa.

Foi alí onde aprendín a coñecelo.

Foi alí onde me falou do pneumotórax que lle perforaba o peito,

foi alí onde souben que pertencía á resistencia

e que deixara en Alxer unha muller nova e guapa

que esperaba a fin da guerra para reunirse co seu home.

E foi alí onde tomamos xuntos a resolución

de separarnos ó final da guerra.

(Música suave)

(Apupos)

(Aplausos e apupos)

A estrea de O malentendido

é conflitiva, en certa maneira, para Albert Camus.

Non toda a opinión pública está de acordo coa obra

e cos valores que alí se proclaman.

Recordemos que estamos nunha situación de ocupación por parte de Alemaña

e que temos un goberno francés de Vichy colaboracionista co invasor.

A verdade, vivía constantemente sobre un fío.

Buscando o que tiña que buscar

e, ó mesmo tempo, cunha vitalidade, unha paixón,

un gusto pola vida, un gusto de vivir,

un gusto de bailar, un gusto de divertirse e de todo,

que era unha necesidade.

Sen el, como sen meu pai, como sen miña nai,

non sería a mesma, naturalmente, Nada que ver.

Non sei quen sería.

(Música suave)

Foi durante a guerra

cando vivimos o noso primeiro encontro.

E foi coa chegada da paz cando nos separamos.

E hoxe, como daquela,

volvo encontrar intacto o amor que tanto me conmoveu

e me conmove.

(Música)

Desde todas as ventás e todos os balcóns,

as bandeiras dos países aliados estouparon,

en ramos de festa como das mans dun prestidixitador invisible.

A rúa estaba de festa.

París fora liberado.

(Cantos e berros)

Saíron dun edificio dous soldados franceses

e, entre eles, un alemán arrogante que palideceu ó ver a multitude.

Esgarros, beliscos, tiróns de orellas, patadas, cambadelas...

Houbo de todo, menos valor e dignidade.

Un tipo que estaba diante de min sacou o cigarro dos labios

e apoiou o extremo ardente sobre a meixela do prisioneiro.

"Covarde noxento", as palabras estouparon na miña boca.

Os demais condenábanme,

pero dous homes protexéronme da multitude.

E encontreime nunha camioneta, a carón do prisioneiro,

berrando aínda loucuras nun verdadeiro ataque de nervios.

(Música)

A guerra acabara

e eu actuaba nas últimas representacións

dunha obra, Federigo, con Gérard Philipe.

E dispoñíame a abandonar o teatro Mathurins.

Adoptada polo público fiel ó lugar,

querida e admirada polos meus compañeiros,

temín, de súpeto, o peor, tiña que marchar.

(EN FRANCÉS) \N

En canto a meu pai,

pasara os seus catro anos de exilio dobre preto de Londres,

na casa alugada por Juan Negrín,

presidente do consello de ministros durante a guerra de España.

Non será ata, practicamente, o verán de 1945,

cando Santiago Casares pode volver a París

e reencontrarse con Gloria e con María.

O que fan os tres cando se reúnen

é marchar a Camaret, a un porto da Bretaña

que, realmente, para eles, pois era un pouco unha Galicia de substitución.

(Música)

Miña nai morreu cinco meses despois da chegada de meu pai de Inglaterra.

Durante dous meses, padeceu unha das máis atroces agonías,

a que conduce á morte por un cáncer xeneralizado.

(Música triste)

E tras unha sensación de náusea interminable,

volvo ver a figura xa grácil e muda de miña nai,

tendida na súa caixa de madeira de piñeiro branco

envolta no sudario, coa cabeza rodeada de vendas

que non lle deixaban máis ca o rostro ó descuberto.

"Nai, adorada nai,

mártir escura, branca pombiña,

arruladora e tenra,

ai, se souperas como me deixabas

non te morreras".

Só recibín unha carta de pésame.

Unha dorida carta de Albert Camus.

Nin sequera sei se lle contestei.

Nunca como neste inverno prodiguei tanto as miñas enerxías,

o meu tempo, a miña saúde, o diñeiro que gañaba

en desesperada fuxida fóra de min mesma.

(Música)

E uns meses despois,

meu pai empezou a preparar a súa propia morte.

Nestes anos, María Casares vai facer bastante cine

e despois do falecemento da súa nai,

é sobre ela sobre quen recae o peso de levar unha casa economicamente.

Fixen algunhas películas ó tempo que traballaba de noite.

Eu quería facer cine para poder ter bastantes cartiños

para escoller no teatro o que quería facer.

Nunca puiden facer no teatro cousas que non me gustasen, ten que gustarme.

Nunca se sentiu moi a gusto na experiencia cinematográfica.

Para empezar, non hai unha progresión do personaxe,

ela non pode traballar os personaxes como fai nos ensaios teatrais.

Algunhas das rodaxes leváronme lonxe,

a Marrocos, Bretaña e, por último, a Roma.

En Roma, volvera encontrar o sorriso claro e inxenuo,

os grandes ollos celestes

e a mirada nostálxica de Gérard Philipe,

o anxo de Federigo.

No Albergho della Città, onde residiamos,

Gérard e eu iniciamos unha fermosa amizade,

luminosa, lixeira e poética.

E foi no Albergho della Sybilla, moi preto de Roma,

despois dunha noite de rodaxe,

onde deixamos a parte máis preciosa da nosa fermosa amizade,

onde nos entregamos un ó outro.

María comeza a encarnar ese prototipo de personaxe que fará moitas veces,

de muller escura, de muller estranxeira,

de muller moi afirmada, tamén, de muller moderna para o momento.

Diante do ollo redondo, implacable da cámara,

había que entregarse e facelo varias veces seguidas,

sen vergonza, tantas como desexase

o único creador naquela circunstancia: o director.

Despois viña o oco, a espera, o baleiro.

E así, ata a noite.

Neste seu desexo de vivir moi profundamente, de investigar,

sempre aceptou propostas teatrais de risco,

xa dende os seus inicios,

se pensamos na aposta de As Epifanías do autor Henri Pichette,

que representou con Gérard Philipe.

A estrea de As epifanías causou moita axitación

porque era un poema dramático feito de palabras musicais,

sen acción nin personaxes,

só unhas voces que expresaban a loita do poeta consigo mesmo e co mundo.

(Música)

O seis de xuño de 1948,

aniversario do desembarco das forzas aliadas en Francia,

dirixíame ó teatro cunha amiga para asistir ó espectáculo.

Sen alento, detívenme un segundo

e volvinme para ver ben.

Detrás de min, a un paso de min, coma o reflexo nun espello,

Albert Camus, virado cara a min, mirábame.

"A onde ías?". "Ó teatro. E ti?".

E nunca máis despois nos separamos.

Pero fronte a aquel rostro,

ante aquela mirada lúcida, clarividente

e sempre compasiva,

revelábase de súpeto en min a promesa das maiores alegrías

e das máis crueis e máis puras dores.

Os quince anos de relación que tivo con María Casares

el mantiña a súa familia.

Tiña a súa esposa, tiña os seus fillos...

É dicir, nese sentido, nunca se ocultaron as súas situacións,

tanto de uns como de outros, había celos, por aquí, por alá...

pero seguían convivindo.

Seguían aceptando esa maneira totalmente aberta e libre de vivir.

Captei moi pronto a súa forma de intelixencia.

Esa intelixencia ante a cal un se volvía intelixente.

Unha relación de amantes, de compañeiros, de cómplices,

porque tamén había unha gran complicidade.

E unha gran fraternidade.

É dicir, que nos pareciamos, no fondo, pareciámonos moito.

A maneira de aceptar as cousas, de recibilas, era a mesma.

Camus, en 1948, estaba máis ben orientado cara ó mundo da novela

e reencontrarse con ela supón que retoma a escritura teatral.

No caso de María Casares,

estaba nun momento no que comezaba a facer bastante cine

e este encontro con Camus tamén a vai reorientar cara ó teatro.

De feito, vai abandonar o mundo do cine durante moitos anos,

coa excepción de Orfeo de Jean Cocteau.

(Balbordo)

(Estoupidos)

(Balbordo)

(Estoupidos)

Na obra teatral Os xustos, ambientada na Rusia tsarista,

baseada na historia real do asasinato do gran duque Serxio Romanov,

María interpreta a Dora, unha revolucionaria que vive

unha historia de amor imposible entre o implacable Stepan Fedorov

e o poeta Yanek Kaliayev.

(Música suave)

A representación de Os xustos que eu interpretaba

interrompérase durante tres días a causa da morte de meu pai.

Era un personaxe moi teatral.

Se o teatro en min vén de alguén, vén por alguén,

vén polo gusto que tiña miña nai polo teatro,

porque foi ela a que me empuxou a facer teatro,

e polo temperamento de meu pai.

Presa dun ataque de risa irreprimible,

miraba estendido no ataúde de primeira clase o corpo de meu pai.

Tanto el coma a caixa eran a imaxe exacta

que meu pai trazaba cando se lle ocorría,

para divertirnos, predicir o cerimonial da súa propia morte.

En canto a min,

acababa de facer 23 anos cando perdín a miña nai

e 27 cando faleceu meu pai.

Nunca me atrevín a facerlle preguntas que querería preguntarlle.

Como, cando estivo condenado á morte, que sentira.

Nunca llo puiden preguntar, non me saía da boca.

Pero, ó mesmo tempo, había unha especie de...

non sei, de complicidade entre nós que era extraordinaria.

Nun recuncho, selada,

unha foto sacada da película de Jean Cocteau Orfeo

presenta unha cara, a da princesa da morte.

(EN FRANCÉS) \N

(Música)

María Casares traballou na Comédie Française,

a "comedia francesa",

que é unha compañía de teatro nacional francés,

a máis antiga que existe posto que naceu no século XVII,

unha compañía na que María Casares, realmente, non se adaptou.

Camus, pai, irmán, amigo, amante e fillo, ás veces,

enchía coa súa presenza os lugares da miña vida.

O amor empeza cando a paixón acaba.

Sábese, en todo caso, que aí hai amor.

Cando a paixón acaba e continúas querendo

e queres polo outro,

queres o outro, e non para un,

aí é o amor, para min.

Porque mentres é paixón e queres para un, iso é paixón.

Menos interese... Moi excitante, pero menos interesante.

Nunca me veu á cabeza a idea de incomodarme

polos novos vínculos que o podían atar a outra persoa.

Como el tampouco intentou combater

os que eu anoaba con outros que non eran el.

Cada un tiña a súa vida, pero estabamos sempre xuntos.

E quizais máis ca nunca.

Todo ía xunto.

Non sei se de non haber iso

duraría tanto a relación home-muller.

Quizais non durase tanto.

Pola miña parte, en calquera caso.

Foi Vilar quen, en 1954, me veu buscar

e me ofreceu o papel de Lady Macbeth

para actuar no Teatro nacional popular e asinei o contrato.

El formaba unha compañía con xente da súa confianza

que el mesmo escollía.

O Teatro nacional popular, dirixido por Jean Vilar,

outra compañía de teatro nacional, pero con outra perspectiva.

A súa idea era crear grandes producións de teatro clásico

para levar este teatro, pois, ás persoas

que, normalmente, non acudían a el.

Os obreiros, a xente moza...

E levar o teatro a lugares onde o teatro non era visto.

(EN FRANCÉS) \N

(Música)

(Música)

A ela interésalle o espazo que está ocupando,

interésalle o tempo que ela pode ir creando.

Está o nervio escapando do corpo.

Vemos que é algo diferente.

Vemos que é unha muller que está buscando.

Ninguén traballaba así.

(EN FRANCÉS) \N

(Aplausos, risos)

María Casares estará no TNP durante seis anos,

serán seis anos de moito éxito para ela,

onde encarnará personaxes fundamentais na súa carreira teatral.

Podería evocar as longas viaxes co Teatro Nacional Popular

que nos levaban a outros teatros,

a países que só vía de pasada,

a cidades que atravesaba esgotada,

totalmente ocupada nas noites de representación.

(Aplausos)

(Música)

Una vez máis, volvera ó cine

para incorporar a enigmática Princesa Morte

de Jean Cocteau en O testamento de Orfeo.

Un día, Jean Marais,

veunos dicir ó plató no que traballabamos

que Gérard Philipe morrera.

A súa silueta alta e aérea aparecéuseme naquel momento

sorrinte ó final dunha pasaxe estreita

onde entornaba a porta para mostrarme o fácil que era coarse por ela.

(Música)

(Motor)

(HOME) Albert Camus escríbelle a María Casares

o 30 de decembro de 1959 desde Lourmarin a París.

Os azares da estrada farán que esta sexa a súa misiva derradeira.

Nela, o amor, a complicidade e a feliz urxencia

por verse despois dunha longa separación,

conflúen na palabra derradeira con que el a nomea: a miña patria.

(Motor acelerando)

(Choque)

(Música)

Seis semanas despois da desaparición de Gérard,

percorría o meu cuarto enclaustrada entre cortinas escuras

ou quizais negras.

Entre portas, ventás e poxigos pechados.

Ata a noite na que tiven que abandonar o meu furado

para representar o papel de Titania.

(EN FRANCÉS) \N

Non recordo a cara que tiveron os días daquel inverno.

Era de noite cando velaba.

Percorría unha terra calcinada.

Soa, de pé, dando voltas arredor do meu cuarto,

coma unha loba enferma ou famenta.

Á súa vez, Albert Camus morrera.

(Proxector)

Puiden falar de separación

porque estiven sempre confrontada con separacións,

fose a morte de xente que quixen,

coa que pensara facer unha vida longa e non,

a desaparición é o que chamo a separación.

Como teño que desaparecer eu tamén.

Falta moi pouco para que desapareza eu tamén.

(Aplausos)

(EN ESPAÑOL) Vin a María que facía unha obra que gañaba moito diñeiro

porque era unha peza comercial,

pero tiña cousas que non estaban mal,

non era unha cousa indigna.

Foi a primeira e única vez na miña carreira

que gañei moito máis diñeiro do estritamente necesario para vivir.

Empecei a buscar un recuncho de terra no que volver encontrarme a min mesma.

E así foi como collemos o camiño que conduce a La Vergne.

(EN FRANCÉS) \N

Esta casa é o furado no que me illo.

O casulo no que me refago.

É unha casa que lle trae á memoria o Pazo do río,

unha das casas nas que pasaba as vacacións de verán

coa súa familia en Montrove.

(MULLER) (EN FRANCÉS) \N

(Música e coro)

É a primeira vez desde que saín de España

que estou nun país de fala española

no que todo me recorda a España e a Galicia,

a través deses recordos busco a esencia da miña patria.

E iso non o podo encontrar máis que entre aqueles coa mesma raíz ca min,

os galegos emigrados.

(Música e coro)

Por fin vai representar en español.

Cando pode, digamos, liberar en escena a súa fonética.

Isto será en 1963,

cando represente en Bos Aires a Yerma de Federico García Lorca

dirixida por Margarida Xirgú.

Vaite.

Polo camiño que vou

direiche,

pensaches en serio que eu me poida dobrar a outro home,

que lle vaia pedir o que é meu coma unha escrava?

Coñéceme para que nunca me fales máis.

Son coma un campo seco

onde caben arando mil pares de bois

e o que ti me dás é un pequeno vaso de auga de pozo.

O meu é dor que xa non está na carne.

Margarida, a grande actriz republicana,

loitou para que Lorca escapase de España e se exiliase en México.

Pero o poeta quixo permanecer escondido na súa vila,

preto de seus pais e do seu amante.

Ata que un amencer, xunto á Fonte das lágrimas,

foi asasinado polos franquistas.

(Música sombría)

"Eu mesmo lle metín dous tiros no cu, por maricón",

dixo un dos seus verdugos.

(Música)

O día non quere vir para que ti non veñas

nin eu poida ir.

Pero eu irei

entregando ós sapos un mordido caravel.

Pero ti virás

polas turbias cloacas da escuridade.

Nin a noite nin o día queren vir

para que por ti morra

e ti morras por min.

Despois desta primeira experiencia de representación en lingua española,

virá unha segunda, tamén na Arxentina,

da man de Jorge Lavelli.

Iníciase así unha relación moi fecunda

entre Lavelli e María Casares

que os levará a cambiar, sen dúbida, a historia do teatro do século XX.

(J. LAVELLI) Eu coñecín a María cando cheguei a París.

Dime: "Ola, mira, eu son María Casares.

Coñécesme polo teatro, seguramente.

Imos facer unha obra de Valle Inclán en Bos Aires.

Interésache?" Eu digo: "Moitísimo".

A obra de Valle é formidable. De onde saíron eses personaxes?

Saíron do imaxinario deste home

que transformaba o idioma, que inventaba palabras.

Soñaba co teatro.

Eu pedíalle un agudo máis agudo, un grave máis grave

e facíao porque María facía coa voz o que ela quería.

Tiña unha voz incrible.

Cando sacaba toda a forza, á xente dáballe medo.

(Música, berro)

(HOME) María Casares dába a Mari Gaila,

a adúltera á que a sociedade persegue e dá caza,

unha forza expresiva e unha convicción tales

que mantiña os espectadores en vilo.

O teatro vibraba ó unísono, moitos á beira do pánico,

envoltos nunha maxia que se percibía antes, durante e despois das palabras.

Recordo especialmente a escena en que María Casares

voaba polo teatro, montada no castrón,

berrando en castelán con forte acento galego.

Clímax tras o cal, acertadamente,

había un entreacto para que o público puidese saír a respirar.

(Música)

O actor ten ante si un personaxe que posúe un rostro,

unha voz, un carácter.

A emoción en si mesma é só materia.

Como a pintura para o pintor, debe ser modelada.

O problema para o actor é poñer todo isto ó servizo do personaxe

para achegarse o máis posible ó soño creado polo autor.

(CANTA VOCALIZANDO)

Non coñecín Os biombos

ata que me propuxeron actuar nesa obra.

Aceptei con ardor, temor e fascinación.

Nunca me vin enfrontada a un texto teatral

que demandase de min compromiso semellante.

E achegábame ó texto danzando, coma os escorpións antes do amor.

María Casares protagonizou a peza Os biombos de Jean Genet,

que fala da guerra de Alxeria, de dominación, de colonialismo

e que foi atacada dende a extrema dereita en Francia.

Tiráronnos ratos mortos, ratos vivos, lume, chinches...

Fóra había manifestacións, coches de policía, bombeiros,

compañeiros que acudían doutros teatros...

Había un ambiente bastante extraordinario.

(EN FRANCÉS) \N

(BERRA)

(J. LAVELLI) Era a Medea de Séneca.

Fíxose no Festival de Aviñón.

Para min, era moi doado traballar con María.

E cando María estaba, así, un pouco como gastada,

que abusaba dunha cousa que lle parecía fácil,

eu dicíalle inmediatamente: "Mira, María, anoteiche isto".

"Ah, eu pensaba que te ía sorprender".

E eu: "Non, sorprendíchesme, pero non na boa vía".

(Golpe metálico)

(Golpe metálico)

(Golpe metálico)

(Golpe metálico)

(MARION) \N

(VOCALIZA)

(Gong)

(VOCALIZA)

(Golpe metálico)

(VOCALIZA)

Maurice Béjart dicía:

"Realmente, María Casares é unha das dúas ou tres grandes bailarinas

que coñecín na miña vida.

A súa xestualidade, o seu propio corpo...

é extremadamente moderno".

A obra é un traballo de visión e calidez no movemento.

Dado que o noso instrumento é o noso corpo,

deberiamos ser capaces de desprendernos del primeiro.

E logo, de poñer forzas misteriosas nel.

O equilibrio é o momento de graza.

(Música suave)

(EN FRANCÉS) \N

(Música)

(Música)

(Golpes)

(Golpe)

(Música)

Presentábase Á busca de... en México.

Alí encontrei a miña irmá Esther

que en 1954, por fin, puido deixar A Coruña coa súa filla María Esther.

Miña irmá, moribunda,

que reinventaba ante min, na súa cama,

os xestos de meu pai e os meus propios,

dicíame: "Canto maior es, máis te asemellas a el.".

(Música)

(Piano)

(CANTA EN FRANCÉS) \N

(CANTAN EN FRANCÉS) \N

Creo que María sufría bastante cos seus traballos.

Levaba en todas as creacións un enorme traballo,

pero levaba tamén a súa autodestrución.

(Música)

O calidoscopio dunha actriz

tampouco pode ir máis aló das vistas que posúe.

E foi así que, extraviada polos camiños escuros,

estraguei o meu, desgastado coma un reloxo vello.

(Música, tren)

Onde estou? A onde vou?

Que fago? Quen son?

Nesta pira, o teatro,

teño a impresión de ser varias veces centenaria.

Pola contra, hai só 28 anos que nacín nel.

En cambio, na vida, ando xa polos 48.

E por moi desfigurada, mutilada, esfolada que me encontre,

aínda onte cría seguir sendo unha nena.

(Música)

(Tren)

(HOME) (EN CASTELÁN) Españois, Franco morreu.

(Música)

(EN CASTELÁN) Forte España levantada, só un caravel luminoso

non entre o caravel e a espada.

E douvos as grazas e dígovos

que en cada dedo que vos dou, arde unha espiga de trigo.

(Música)

Desde o día en que asinei o contrato

polo que me comprometín a coller o tren

o 19 de xullo de 1976,

para ensaiar e representar en Madrid El adefesio de Rafael Alberti,

vivira meses de exaltación ardente e tola

ante a busca cega dunha parte en min descoñecida,

tan íntima, tan profunda, que tiña á fin que afrontar.

María Casares volve a España en 1976,

por primeira vez, digamos, para estar

e para representar El adefesio de Alberti.

Foi unha volta moi complicada.

Por un lado, estaba o encontro co teatro español,

unha maneira diferente de facer teatro,

por outro lado, estaba unha sociedade na que creou, pois, disensións.

Ela era unha actriz, pero era tamén a filla de Casares Quiroga.

E, por outro lado, había tamén o reencontro con Madrid.

(Música)

Quería vir soa a España, cando souben que podía vir.

E cheguei nun momento

no que en España había unha especial algarabía,

unha borracheira insensata de liberdade, de discutir,

de poder dicir todo de todo.

Pero non podía falar con ninguén

porque me sentía estraña coa xente

que vivira unha experiencia durante 40 anos que eu non vivira.

Sentíame obrigada a calar.

Pasei o meu tempo chea de emoción, de tenrura.

E nunca me sentín tan soa.

Tiven unha impresión extraordinaria de soidade

que non me doeu, non era dor,

era unha especie de fascinación

de dicir par min: "E despois de todo, onde estou?".

Había medo, dío María, había medo no retorno.

No que ía encontrar.

Eu creo que volve aquela nena da rúa Panadeiras

que intentaba construír un futuro con seu pai

e que sabe que xa pasou o tren

e nin está o pai nin queda o nome Casares

nin está a democracia republicana que construíron.

(BERROS) República!

Eu creo que aí hai un desaxuste,

un desaxuste, unha sensación de baleiro nela.

Todo isto fixo que fose demasiado para ela e, de feito, pois, enfermou

e a xira teatral que pensaba facer tivo que suspenderse

e regresou a Francia antes de tempo.

Un mes despois, La Vergne acollíame.

(Música suave)

Máis tarde, recuperoume o teatro

para interpretar unha Catarina de Rusia

posta en escena por Jorge Lavelli.

(J. LAVELLI) Esta es una gran escena.

Gustábame moito facer esta obra.

(EN FRANCÉS) \N

(J. LAVELLI) Hai algo de comunicativo sempre na foto de María,

algo que sorprende.

Iso é difícil telo.

Gústame esta na que saca a lingua.

Este é un gran actor, era, morreu de sida.

Tamén este, digo eu, morreu de sida con 25 anos...

A María gustáballe moito este actor.

E a min tamén.

(M. RIVERA) Foi moi afortunada.

Sobre todo na súa carreira.

Se ela non chega a ter a sorte

de poderse desenvolver nun país coma Francia

onde hai esa preocupación polas súas artes,

realmente ela, aquí en España, sobre todo nesa época,

se pensamos nos anos da represión franquista,

non sei ata que punto se podería ter desenvolvido.

E, nese sentido, pois é moi envexable.

(Balbordo)

Aínda hoxe, cando o azar me leva ante o monicreque,

non podo deixar de recordar a fina silueta de meu pai,

proxectada de aquí a aló

sobre aquela masa compacta que cubría a rúa Panadeiras.

(Balbordo)

Cando me pediron facer as memorias durante un ano, dous,

dixen que non quería, que non tiña memoria.

Aí veu a historia de volver a España.

Volvín a España

e tiven a sensación de que tiña que falar,

que tiña que cantar,

que tiña que falar de cousas das que nunca falara.

Que tiña que falar de meu pai, de miña nai, de Galicia,

de xente, de cousas que me pasaran,

cantalas, facer que seguisen vivindo.

As memorias de María Casares constitúen un texto fundamental

na nosa literatura do exilio.

O título Residente privilexiada evoca o permiso de residencia

ó que ela tivo dereito cando chegou a Francia.

É un libro dedicado ás persoas desprazadas.

É un texto profundo sobre a memoria e sobre a identidade.

A materia coa que traballa, coa que ensaia,

é a súa propia vida, co cal é un experimento moi interesante.

(EN FRANCÉS) \N

(Música suave)

Na bóla de ouro que me comprou André

e que trae ó centro do meu cuarto a lúa do Adriático,

o caderno aberto sobre o meu ventre toma aspecto de mandala.

E a amnésica busca, para darse un nome, a alma xemelga.

Casei ultimamente cun antigo compañeiro,

un irmán profundo.

Sempre me dixen que me faría francesa cando volvese a España,

non quería facelo cando era refuxiada,

agora que podía volver era normal facerme francesa

xa que foi Francia a que me fixo.

Pero non quería renunciar á nacionalidade española.

Canto tempo fai que ninguén a chama Vitola ou Vitoliña?

Uh...

Desde hai moito tempo.

O meu home tamén, de cando en vez, chamábame Vitoliña.

Ou "mariquita", pero iso é outra cousa xa.

(Proxector)

(EN FRANCÉS) Eu.

(PÚBLICO) (RISOS)

(Música)

(MULLER) (CANTA) (EN FRANCÉS) O tempo que pasa...

Elixín envellecer á plena luz do mediodía.

E para facelo, envellecer ben.

Comezar todo de novo, dende cero.

(Música suave)

Hai na conquista da idade,

que nos despoxa dos nosos vellos privilexios,

a nova riqueza de terras secretas,

de divinas metamorfoses,

de aventuras descoñecidas,

de descubrimentos sen nome, de promesas,

praceres difíciles ou imposibles de acadar nos tempos da mocidade.

(Música)

O feito de ser unha actriz consagrada xa na súa madurez

non impedía a María Casares aceptar apostas teatrais

cada vez máis arriscadas.

(HOME) (EN FRANCÉS) \N

(Música)

(JOHANA) \N

(Música triunfal)

Digo si a todo, digo si á morte, digo si á vida,

digo si a todo.

Non sei, non son eu a que o di, é o meu temperamento.

Hai que vivir.

E hai que afirmarse e afirmar todo o tempo a vida ou morres.

(Guitarra)

(FALAN NOUTRO IDIOMA)

(Guitarra)

Baio.

Se non chego a ter ese lugar que é o teatro,

ese lugar no que se botan os demos,

se eses demos quedasen en min, que sería?

(JOHANA) \N

(MARION) \N

♪ Tralarí la, la, la...

♪ La, ra, li, la... ♪

Baio.

(Música)

Sempre desbotei a idea de morrer sen forma.

E porén, se non informe, haberá que morrer escuro.

Disperso, non axustado coma o forte feixe de espigas maduras,

senón desatado e cos grans espallados.

(Música suave)

Hai a mocidade,

hai a vellez,

hai a madurez,

ese longo pasadizo que dá luz á vellez.

Onde un se pon nome.

Onde se afirma fronte ó mundo,

onde se trazan os propios límites.

(Música)

E hai a fin da madurez.

A idade na que se recoñecen os límites que un se trazou.

A idade das nostalxias.

A idade na que as mil e unha existencias que non se viviron

enchen de melancolía o soño das noites.

A idade na que se sabe que xa non se pode parir máis que a morte.

A idade da cita

na que volvín atoparme cara a cara coa moza que fora.

(Música suave)

(Música)

(Música)

(Música)

(Música)

Hai unha viaxe máis apaixonante que a vida incluída a morte?

(Música suave)

(HOME) Vitola, ei, Vitola.

Esperta, Vitoliña.

(Música)

(Música)

(Canción)

(Canción)

(Canción)

(Música)

(Música)

(Coro)

(Música)

(Música)

Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.