Afrikaans
Akan
Albanian
Amharic
Arabic
Armenian
Azerbaijani
Basque
Belarusian
Bemba
Bengali
Bihari
Bosnian
Breton
Bulgarian
Cambodian
Catalan
Cebuano
Cherokee
Chichewa
Chinese (Simplified)
Chinese (Traditional)
Corsican
Croatian
Czech
Danish
Dutch
English
Esperanto
Estonian
Ewe
Faroese
Filipino
Finnish
French
Frisian
Ga
Galician
Georgian
German
Greek
Guarani
Gujarati
Haitian Creole
Hausa
Hawaiian
Hebrew
Hindi
Hmong
Hungarian
Icelandic
Igbo
Indonesian
Interlingua
Irish
Italian
Japanese
Javanese
Kannada
Kazakh
Kinyarwanda
Kirundi
Kongo
Korean
Krio (Sierra Leone)
Kurdish
Kurdish (Soranî)
Kyrgyz
Laothian
Latin
Latvian
Lingala
Lithuanian
Lozi
Luganda
Luo
Luxembourgish
Macedonian
Malagasy
Malay
Malayalam
Maltese
Maori
Marathi
Mauritian Creole
Moldavian
Mongolian
Myanmar (Burmese)
Montenegrin
Nepali
Nigerian Pidgin
Northern Sotho
Norwegian
Norwegian (Nynorsk)
Occitan
Oriya
Oromo
Pashto
Persian
Polish
Portuguese (Brazil)
Portuguese (Portugal)
Punjabi
Quechua
Romanian
Romansh
Runyakitara
Russian
Samoan
Scots Gaelic
Serbian
Serbo-Croatian
Sesotho
Setswana
Seychellois Creole
Shona
Sindhi
Sinhalese
Slovak
Slovenian
Somali
Spanish
Sundanese
Swahili
Swedish
Tajik
Tamil
Tatar
Telugu
Thai
Tigrinya
Tonga
Tshiluba
Tumbuka
Turkish
Turkmen
Twi
Uighur
Ukrainian
Urdu
Uzbek
Vietnamese
Welsh
Wolof
Xhosa
Yiddish
Yoruba
Zulu
No ano 2005 no Estado español
aprobáronse os matrimonios entre homes ou entre mulleres.
Moitos grupos conservadores botáronse á rúa,
dicían que ía contra a tradición e contra a historia.
Contra a tradición? Contra a historia?
Encontrámonos aquí, en Santa María de Ordes, parroquia de Rairiz de Veiga,
onde no ano 1061 Pedro Díaz e Munio Vandílaz uniron as súas vidas para sempre.
É o caso máis antigo que conservamos dun matrimonio entre homes non só na Galiza
senón en toda a Península Ibérica, mais non é o único.
Os casamentos de home deixaron pegada
tanto ao longo da historia como do territorio do noso país.
Esta é unha viaxe arredor do amor entre homes no Reino da Galiza Medieval.
Até os últimos séculos da Idade Media,
as unións entre homes estaban aceptadas na Europa.
Para entendelo mellor, partimos da época romana, desde aquí,
o Centro Arqueolóxico de Neixón.
- Home, Xurxo! - Que tal, Carlos?
- Canto tempo! (rin) - Como andamos?
- Que non decreza o entusiasmo!
- Entón, no comezo do camiño temos unha pedra,
unha pedra que apareceu hai uns 50 anos.
Como foi a aventura desa descuberta?
- O meu equipo máis eu estabamos escavando no verán
do ano 2006 no Castro Grande de Neixón.
Na entrada a ese recinto monumental hai dous fosos e alí,
as nosas escavacións fan parte dun proxecto de arqueoloxía pública,
que é comunitaria, está aberta ao público xeral.
Entón por aí pasaban as mariscadoras,
a rapazada que viña ás atraccións das festas parroquiais, a veciñanza…
e nunha destas apareceu un rapaz, bastante alto,
de Taragoña que está ao outro lado da ría, ao carón de Rianxo.
A primeira tarde estivo bastante calado.
Fixábase moito no que estabamos facendo. Ao día seguinte xa arrancou e dixo:
“pois na miña casa tamén hai unha pedra con letras que atopara meu pai escavando”.
- Unha pedra con letras. - Si, unha pedra con letras!
Isto dito con esa solemnidade no mundo mariñeiro e rural galego
onde xa sabemos que en todas as casas hai "o libro"
e as letras teñen moito prestixio.
Foi unha sociedade ágrafa, analfabeta durante moito tempo.
O caso é que o rapaz convidounos a pasar por alí.
Atopamos un oco e alí fomos á casa dos Fungueiriño, que fica a rente da igrexa parroquial.
Esta é unha zona en que sabemos que hai unha área arqueolóxica bastante grande
xa de época romana e que foi cristianizada despois en época medieval.
Entramos alí e, efectivamente, era un patio interior, estaba a pedra,
pousada entre as galiñas e habilitada como banco señorial.
Ficamos pampos.
Era unha lápida funeraria galaico-romana
nun estado de conservación realmente excepcional.
Fora moi curioso porque o dono da casa, o pai de Miguel,
estivo calado toda a visita e cando rematamos, despediuse e dixo:
“pero o peixe hai que pagalo!”. - Xa se entende!
- Entón, aí comezou o proceso de patrimonialización que acabou coa doazón da peza
a cambio dunha peritaxe e por iso está a peza agora no Centro Arqueolóxico de Neixón.
Esa é a historia desta pedra. - Cal é a inscrición?
Cales son as letras desa "pedra das letras"?
- Temos bastante sorte porque conserva moi ben o campo epigráfico,
está dedicado aos Deuses Manes.
Un tal Ursus (Urso) constrúe ese monumento funerario
na honra dun tal Rufinus (Rufino), fillo de Pintano,
que é tamén un nome indíxena, de nacemento libre.
Emprega esa forma de ‘ingenuo suo’, que non é nada habitual no imperio romano de Occidente.
Esa fórmula non remite nin a relacións de parentesco,
nin relacións de rango militar, nin ningún tipo de vencello dese estilo,
senón que remite a algo bastante máis profundo como a unha relación de forte amizade.
- Amizade… Poderían ser amigos como os das cantigas de amigo, se cadra?
- Iso é moi interesante porque esta lápida funeraria
pola súa morfoloxía, o tipo e o campo epigráfico,
sabemos que é posterior á segunda metade do século II da nosa era.
Daquela o cristianismo aínda non estaba asentado,
e moito menos como relixión de Estado,
e perviven prácticas sexuais, afectivas, anímicas…
moi afastadas do que vai ser despois o tipo de familia
e de afectos que vai sancionar o cristianismo.
Por tanto, creo que nos está remitindo a unha expresión,
que realmente é un eufemismo, probablemente.
Se facemos esa interpretación, ese xiro hermenéutico,
eu penso que si estamos falando de dous amantes.
Poderían selo, Rufino e Urso, os devanceiros arousáns tan pioneiros.
- Obrigado, Xurxo, porque estasnos a iluminar moito o noso camiño.
- Obrigado a vós. Por aquí imos directamente xa... - Xa para a casa do...
- Este é o porto de Vidres, que tamén houbo unha explotación...
Da Antigüidade pasamos á era dos castelos.
Como xa sabedes, o documento máis antigo que conservamos na Península Ibérica
dun casamento entre homes é o de Pedro e Munio, en Rairiz de Veiga.
Está no Tombo de Celanova, que editou o profesor Xosé Miguel Andrade.
Imos falar con el.
Vimos de Boiro de estar cun sabio, con Xurxo Ayán, que nos explicou moi ben
esta lápida funeraria da Antigüidade
de dous veciños de Taragoña, de Urso e Rufino.
Sabemos grazas a esa estela funeraria
que a súa ligazón non era nin de parentesco, nin de amo e escravo,
nin doutro estilo senón que eran amantes.
Con iso, podemos ver con certeza que a historia que en ocasións nos contan
non ten todos os datos que debería ter.
Imos continuar no noso camiño!
A historia de Pedro e Munio aparece recollida por vez primeira en 1996
no libro ‘As vodas da semellanza’ de John Boswell,
historiador e profesor na Universidade de Yale.
Boswell defende que a igrexa primitiva normalizaba as relacións amorosas entre homes
e mesmo as oficializaba.
- Boas, Carlos! Canto tempo sen verte! - Ola, Andrade. Que alegría!
- Sempre é un pracer verte.
- O pracer é meu. Era fundamental falar contigo... - Cóntame.
- Porque che quería preguntar por Pedro e Munio. - Amigo! (rin) Nunca mellor dito!
Diso sabes mellor ti ca min.
Como editor do Tombo de Celanova, reparei nese documento tardiamente,
dun xeito un pouco singular e, se cadra, logo falamos diso.
Pero realmente o documento ti coñécelo mellor ca min
É un documento realmente excepcional.
- Eu non podería comprendelo tan ben sen o teu traballo e o de Boswell.
- Boswell é o pai da idea, realmente. - E como chegaches entón ao Tombo de Celanova?
- Cando fixen a miña tese de doutoramento,
traballaba sobre os beneditinos en Galicia
e unha das coleccións documentais máis importantes
para estudalos é o Tombo de Celanova.
Como ben sabes, é unha colección compilada no século XII e XIII
en que os monxes de Celanova
transcribiron boa parte dos documentos que tiñan no seu arquivo
dos séculos IX, X, XI e XII.
Por iso me somerxín no estudo do Tombo de Celanova.
- A maior parte da xente non sabe a importancia que ten ese documento.
Haberá que roubalo, como o electricista, para que se saiba o importante que é?
- Tan famoso como o Códice Calixtino non é,
pero para a Galicia medieval, sobre todo a altomedieval,
é un documento absolutamente imprescindíbel.
Entre outras cuestións, ten documentos moi singulares,
como do que vamos a falar, por certo.
- Que ten ese documento de singular? - Permíteme que antes conte unha anécdota.
Cando transcribín o Tombo recordo que foron tardes e tardes
de transcrición bastante aborrecidas - Imaxino…
- Entón, ese documento pasóuseme por alto, como se fose un máis.
Estaba máis pendente dos documentos nos que se falaba
de como mercaban as propiedades do campesiñado, que era o tema que me interesaba máis.
Nese documento non reparei. Non o recordaba para nada.
Entón, publicouse en castelán a versión de John Boswell ‘As vodas da semellanza’.
El fala do documento de Pedro e Munio.
Entón, un xornalista do Correo Galego chamoume
para preguntarme pola miña opinión sobre ese documento.
Eu quedei pampo, porque non tiña nin idea do que me falaba.
- Entre toda a magnitude do traballo… - Rapidamente fun ao libro de Boswell
e vin que a referencia era realmente pertinente.
Fun mirar no Tombo de Celanova e a verdade é que si.
Dixen “Carai!” O documento di algo distinto do habitual.
- É curioso como unhas investigacións nutren outras,
somos ananos ao lombo de xigantes,
interrelacionando diferentes pesquisas. - Isto ten que ver coa ollada.
Ti estabas vendo o documento de Celanova buscando o tema que che interesaba a ti,
e eu buscaba o tema que me interesaba a min.
Entón, son dúas visións complementarias pero tamén distintas.
É dicir, todo depende do punto de vista que empregues para estudar a historia.
- Que te chamou a atención nesa unión entre Pedro e Munio? - Non é unha unión patrimonial a secas,
- Que te chamou a atención nesa unión entre Pedro e Munio? - Non é unha unión patrimonial a secas,
e tampouco é unha unión de amizade, senón que hai algo máis que amizade e que propiedade.
Non me atrevería a dicir se é un matrimonio,
se é un modelo de convivencia de parella, pero realmente é algo distinto.
- Os matrimonios na época tampouco eran de libre vontade.
Á hora de colocar unha analoxía, unha semellanza,
sería máis parecido a unha unión actual que a unha da época.
- É moi interesante o que dis porque a xente ten esta imaxe estereotipada da Idade Media,
sempre tan pegada a un modelo eclesial.
O matrimonio como o entendemos hoxe, o matrimonio canónico e relixioso,
foi realmente instituído no século XIII.
Até entón o matrimonio era moito máis informal e contractual e, nese sentido,
a unión entre Pedro e Munio pode encaixar perfectamente.
- Cando falo dese documento normalmente digo que é análogo a un matrimonio
e xusto o digo nese sentido porque se parece máis ao que está na actualidade que ao da época.
Todas esas obrigas que van indicando… - Iso é moi interesante
porque ten moito que ver coa modernidade da Idade Media.
Temos sempre o tópico da Idade Media como época escura,
tampouco hai que convertela nunha época do arco da vella...
- Hai que colocar todos os matices. - É unha época moito máis vivaz,
moito máis dinámica, do que normalmente se adoita imaxinar.
- O documento a min sorpréndeme polas obrigas dun co outro que vai colocando.
Non é unha cuestión de parentesco,
mais coloca unha ligazón entre eles mesmos para decorar a casa,
e aí xa facemos unha apropiación desde o presente. - E é moi interesante o que din do día e da noite…
Din “seremos un para os demais bos amigos con fe e sinceridade,
todos os días e todas as noites para sempre”.
Iso é moi curioso e é o que che fai dicir que aquelo é distinto,
que non é un acordo de amizade normal,
senón que ten moito máis que ver cunha relación de parella probabelmente.
- O que vemos na documentación como a que ti tes traballado
ao longo da túa ampla carreira académica
é que a Idade Media non é o que moitas veces a xente pensa.
- Para nada, a verdade é que a Idade Media
é un mundo moito máis diverso, rico e distinto do que a xente normalmente imaxina.
É un mundo moito máis moderno, por dicilo dun xeito contemporáneo.
- Temos que continuar a traballar niso e romper todos eses prexuízos.
- Sempre! A verdade é que unha obriga que temos case fundamental.
- Segue traballando no teu - E ti no teu. Imos aí sachando...
A unión solemne entre Pedro e Munio seméllase aos matrimonio dos nosos días
por ser unha escolla guiada polo afecto.
Con todo, a homofobia vai ir collendo forza e os casamentos de home
pasarán a ser unha arma para criticar o inimigo político.
- Francisco, preciso falar contigo
porque es ti quen nos pode iluminar sobre un tema moi concreto,
sobre o que lle aconteceu a Estevo Fernandes de Castro. - Vou facer o que poida
porque estes personaxes distan moito de estar ben analizados e estudados…
- Obrigado porque nos podes dar datos moi importantes
nisto que estamos a traballar.
De verdade tan importantes eran os Castro?
- Nin máis nin menos que foron os encargados
de cohesionar e vertebrar a sociedade galega
practicamente desde inicios do século XIII até practicamente finais do XIV,
e despois deixaron unha pegada inclusive indelébel
que determinou que quen os substituíu, dunha maneira algo fraudulenta,
estivese coa sombra deles continuamente e, polo tanto,
non foran quen de despegarse totalmente de Galiza.
Nunha palabra, eran a clase dirixente do país,
sobre todo a partir do momento no que o país non contou con reis propios.
- Unha figura, Estevo Fernandes de Castro, no século XIII,
sobre o que hai unha serie de cantigas de dardos dirixidos por Afonso o Sabio,
que o critican por varios motivos.
Un deles é a cuestión dos cargos políticos, quería ser adiantado maior do Reino,
e tamén dicían que quería un “casamento de home”.
Que aconteceu con Estevo Fernandes de Castro?
- Estevo foi o segundo na liña que comezou realmente
a integración plena dos Castro en Galiza.
A utilización da acusación de ser un home sodomita
vén derivada de que el realizou un matrimonio de interese político,
como eran todos dentro desa clase social, con Aldonza,
que era unha neta de Afonso VIII, o que chaman o IX, Rei de Galiza.
- Enterrado aquí na Catedral. - Iso preocupou gravemente a Afonso X
porque significaba que unha liña de recuperación
da independencia de Galiza podía estar operativa
ou ser esa a intencionalidade que tiña Estevo.
Nesa atmosfera é onde se producen este tipo de acusacións
que Estevo enfrontou de forma política.
Primeiro, non aceptando a negativa do rei ao matrimonio con Aldonza.
A partir dese momento, Afonso X actuou con intelixencia.
Viu que a mellor maneira era integrar a máxima expresión
da dirixencia do Reino de Galiza.
- Antes desa reconciliación, tardamos en saber
que ese ciclo de cantigas satíricas
que se dirixían contra un señor que quería moitas propiedades
que quería ser adiantado do Reino,
que ao ser adiantado do Reino ía conseguir aínda máis poder…
utilizaban a sodomía como unha arma política contra el.
Ademais, puiden ler nun dos tomos do teu magnífico estudo
a referencia ao pai de Aldonza, a prometida, di nunha crónica castelá, “se aficcionó”.
Nunca sabemos ben que pode haber de xogo retórico detrás disto
alén da evidente arma política.
- Estamos ante un eufemismo que indica
un tipo de relación á que hoxe lle chamariamos homosexual.
O problema está en que as creacións culturais daquel momento,
a mentalidade cultural e a cuestión das identidades sexuais, non eran como agora.
Quero dicir, xulgábanse condutas pero non existía unha imaxe arredor delas,
agás a do afeminamento vinculada tamén á pasividade nas relacións sexuais.
Non había unha identidade homosexual como hoxe, ao meu modo de ver,
tamén excesivamente restritiva ou con prexuízos.
Non había unha elaboración psicosocial
destas condutas en tipoloxías co cal, efectivamente,
eran condenas por sodomía,
un pecado gravemente castigado e condenado pola Igrexa católica.
Pero, ao mesmo tempo, podía ser motivo de mofas,
e entre as clases sociais altas só se era oportuno.
- Nas nosas cantigas nunca falan de queimar a ninguén! -Non, claro, claro
- "A ti góstanche as mulleres, Maria Mateu, como me gostan a min"... E esas cousas
- Veume agora á cabeza aquela cantiga que, de feito,
din que el moi adiantado quere ser -adiantado do Reino-,
mais que en realidade do que gostaría é de ir detrás.
É unha cantiga que xoga todo o tempo con equívocos sexuais.
Encontrámonos co uso da acusación da sodomía como arma política,
por unhas pretensións políticas.
De feito, que haxa tantas cantigas da corte de Afonso X, o Sabio,
dirixidas contra un nobre galego, e que teña tanto protagonismo,
quere dicir que ese nobre era importante.
- E ademais, no estilo e no tipo de acusación
só se ve a homosexualidade como unha práctica sexual,
pero nesta mesma atmosfera tamén se usa o tema do amor entre homes.
O problema é que cando se trata do amor,
enunciado en temas metafísicos ou en termos de amizade sublime, que lle chaman amor...
Non só houbo desde sempre relacións amorosas entre homes,
senón que ademais durante séculos foron recoñecidas
social e institucionalmente.
Mais hai un camiño que vai do recoñecemento ao pecado e ao delito.
Escoitades esta canción do Projecto Mourente?
Aí a canción, tal e como el a canta, é como aparece nos cancioneiros.
É curioso que neste poema, igual que noutros, o que fixeron os editores
como había unha relación de amor entre dous homes ou entre dúas mulleres decidían cambialo.
Onde aparecía masculino, cambiábano para feminino,
ou onde aparecía o feminino cambiábano para masculino.
Houbo mesmo un caso disparatado onde nunha cantiga que dicía
que un home buscaba maridos que acá non había,
os editores inventaron a palabra “maridas”.
Obviamente, sen ningún criterio válido, nin filolóxico nin académico.
Mais aquí o Projecto Mourente si que respecta o que din os cancioneiros.
Escoitémolo!
Ola, Marta! Como estás?
Podemos vernos hoxe na Catedral de Tui?
Xa que é a túa especialidade, vémonos alí?
Un saudiño. Até agora!
Imos ter a sorte de poder falar con Marta Cendón,
profesora de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela
e que nos vai achegar moita información.
Xoán Fernández de Soutomaior foi bispo de Tui e está enterrado aquí na Catedral e, ollo!
No seu sartego atopamos a representación da relación entre dous homes.
Imos coñecer máis desa historia coa profesora Marta Cendón.
- Ola Marta, sempre a investigar! - Ola Carlos, aquí dándolle outra voltiña.
-Outra voltiña máis ao sartego do bispo
- É esa a imaxe, non? - É esa, é. É curiosa, non?
Eses narices… un co outro.
Eses chapeus tan chatos.
Están dándose unha aperta, claramente. - Unha aperta e… case algo máis.
A verdade é que quería falar contigo sobre isto.
Levo fascinado co tema desde que lin o teu artigo.
- Marta, moitísimas grazas por nos acompañares na Catedral.
En que temos que reparar nesta cuestión do sartego que estivemos vendo agora?
- Pois é, ante todo, unha capela funeraria.
Xa está feita con esa intención,
promovida polo bispo Xoán Fernández de Soutomaior,
que coñecemos normalmente como o II.
Ao ser unha capela funeraria,
as poucas imaxes que hai sempre teñen unha segunda intención.
- Sempre teñen un valor especial.
- Si, e unha das ideas que se repiten constantemente é a do pecado.
O home ten que superar o pecado se quere chegar á vida eterna.
Esta capela é moi semellante nalgunhas imaxes
ás que atopamos na porta occidental, que se fixo a principios do século XIII.
En cambio, a capela faise no século XV,
en torno a 1499 temos o documento da fundación,
e os tallistas copian pero non saben moi ben o que fan.
Entón, ven que hai unha figura na portada occidental
que tira da barba e divídea en dous guechos.
Esa é a imaxe da luxuria, como a das sereas con dobre cola. - As sereas, si, si, si...
- Cópiana, pero non son capaces de separar tanto os guechos
e a figura queda agarrando a barba.
- Aí tamén hai algún outro detalle que chama a atención. - E, ademais, porque está xusto na primeira doela
do arco sollo que acubilla o sartego, isto chámase saimel.
Entón, no primeiro saimel, fronte á nosa dereita
temos un grupo de dúas figuras antropomorfas cun pescozo que se entrecruza.
O remate é unha cabeciña con pelo curto e outra cabeciña con pelo longo.
A priori, dise que son Adán e Eva, o home e a muller…
unha idea de luxuria entre home e muller.
Pero a min chámame a atención que teñan os sombreiros tan planos,
semellantes ao que era un capelo cardinalicio.
Os dous téñeno igual.
O tocado masculino e feminino non soía ser igual.
Entón, pensei que podería estar aludindo ao pecado do amor entre dous homes
porque ese tipo de sombreiro
sería máis característico dun home que dunha muller.
Tendo en conta que se trata dun taller que copia sen entender ben o que está a facer,
non sabemos se foi algo decidido así
ou se é unha sobreinterpretación do que vemos aí.
- De acordo.... mais poderían ser dúas figuras masculinas
con certa proximidade nese relevo...
- Vese que as dúas caras están case dándose un bico, case rozan o nariz.
O que resulta máis estraño é que estea nunha capela funeraria dentro dunha catedral.
Esa mesma imaxe nun canzorro non tería dúbidas. -Exacto
O que vemos aí podería ser a representación máis antiga que conservamos
da homosexualidade no Reino galego?
- É difícil, moi difícil, porque temos que pensar que o que chegou a nós
só é unha punta do iceberg do que podía haber noutras igrexas.
Podería haber algunha máis antiga, románica, nun canzorro dalgunha igrexa.
O que chama a atención é que neste caso vese a simple vista,
está moi cerca do espectador,
e está xusto no arco que acubilla o sepulcro do bispo. - Iso é algo inesperado.
O feito de que precisamente estea no sartego dun bispo,
dun membro da Igrexa, tamén ten moita importancia. - Por iso non me atrevín a afirmalo
cando publiquei sobre este tema por vez primeira, aló en 1993.
Fáltannos moitos datos, pero evidentemente dentro dun espazo relixioso,
no interior dunha capela funeraria,
poder estar facendo alusión a un pecado que se podía dar dentro da Igrexa.
Unha Igrexa onde o home tiña un papel moitísimo máis relevante que o da muller.
- E sobre o que hai unha literatura… milenaria.
Esas ligazóns coa sodomía dentro da Igrexa.
- Era un pecado que estaba moi castigado e constantemente mencionado,
iso quere dicir que non estaba resolto.
Cando un volve ler no século XII e no XIII e no XIV e no XV…
pois di: “Aquí, isto non está resolto”. - Cando algo continúa é que fai serie.
A verdade, Marta, ser historiadora da arte é coma ser detective.
- Un pouco si temos de detective. - Do presente e do pasado!
- Temos que ir buscando as pistas que nos levan... ás veces a bo porto
e outras facemos moito traballo sen un resultado moi positivo.
-Marcar teoría xa é importante.
Continuamos a ver a Catedral? -Pois si. Imos...
A lembranza para o alén de Urso e Rufino,
a formalidade para sempre de Pedro e Munio,
o casamento de home de Estevo Fernandes de Castro,
a advertencia do pecado no sepulcro de Xoán Fernández de Soutomaior…
Estes fíos fannos repensar a historia.
Con diferentes recepcións, moi diferentes modulacións,
o amor entre homes está presente polos séculos.
Can't find what you're looking for?
Get subtitles in any language from opensubtitles.com, and translate them here.